A Deputada de Cultura Pilar García Porto, entregou este sábado en Mondoñedo, xunto con outras autoridades, os XVIII Premios de Poesía Díaz Jácome, que financia o Goberno da Deputación. García Porto felicitou aos gañadores, que nesta edición foron María Belen Senín Santiago, Iris Carro e Héctor Acebo; e explicou na súa intervención que dende todas as administracións, debemos traballar para preservar a nosa lingua, a nosa cultura e as nosas tradicións. Asegurou tamén, que o espírito de Díaz Jácome esta hoxe máis vivo que nunca en Mondoñedo.
