Alfoz, 16 de decembro de 2017. Este venres tivo lugar o fallo do XV Concurso de Postais de Nadal dirixido a alumnos do CEIP Castro de Ouro de Alfoz e que organiza a Biblioteca Municipal, dirixida por Ofelia Adrio. O xurado, formado por Tamara Casabella, Xosé Blanco e Lucía González, acordou conceder os seguintes premios:
Categoría A ( 1º e 2ºcurso de primaria )
1º- Noelia Bello Prado.
2º- Celia Fernández Fernández.
Categoría B ( 3º e 4º curso de primaria )
1º- Inés Martínez García .
2º- Noa Martínez Ramos.
Categoría C ( 5º e 6º curso de primaria )
1º- Gabriela Pedre Lastra.
2º- Mara Otero Palacios.
Os premios entregaranse o vindeiro sábado 23 no Centro Socio Cultural de Alfoz despois da obra teatral “Antía Wamba e o Regato Pequeno”, da compañía Tropa de Trapo, dirixida igualmente ao público máis novo. Ademais, o xurado decidíu que a postal utilizada para a confección do calendario que reparirá o Concello de Alfoz sexa a realizada por Inés Martínez García.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



