Foz 15-12-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Son numerosas as persoas que utilizan habitualmente para camiñar o paseo da Rapadoira a Peizás, durante a época estival os días son mais longos, pero durante esta época de inverno que estamos anoitece antes, o que fai que os veciños e veciñas que por este paseo acostuman a pasear durante esta época do ano a partires das 6 da tarde vaian completamente a escuras, pola deficiente iluminación que hai, luminarias rotas ou sen sirvicio, o que provoca pequenos accidentes contra os elementos do paseo ou por deficiencias do chan, así como inseguridade ciudadá.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar A Costas do Estado a que proceda a repara e poñer en funcionamento o alumeado do paseo Rapadoira-Peizas.