O Concello de Cervo participou no simulacro coa mobilización dos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (G.E.S.) e a Polícia Local; que contou coa presencia do concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto. Estableceuse o posto de mando avanzado na explanada do Castelo; e dende alí coordináronse todas as unidades; ante o suposto de que o incidente interior xerase unha nube tóxica que puidese afectar á poboación. Soto sinalou que “este tipo de actuacións son fundamentais para estar preparados ante un eventual problema que se puidese producir, e poder dar resposta inmediata e coordinada para atallar a incidencia coa máxima premura”.
