Lugo, 25 de xaneiro de 2018.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inviste 20.000 euros na substitución dos canlóns e a colocación de baixantes exteriores no IES Dionisio Gamallo de Ribadeo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que estas obras se contratarán durante as vindeiras semanas, xa que está previsto que se acometan con prontitude na medida en que sexan compatibles co normal desenvolvemento da actividade lectiva.
Balseiro subliñou que este investimento ven a sumarse ao realizado hai uns meses no CEIP Gregorio Sanz, que afectaron ao peche do pavillón e ao sistema de subministro eléctrico e nas que se investiron preto de 21.000 euros.
O delegado destacou que a Xunta “introduce constantes melloras nas instalacións e equipamento dos centros educativos públicos, para ofrecer ao alumnado a aos profesores instalacións que respondan ás súas necesidades e favorezan a aprendizaxe nun entorno atractivo e confortable”.