Viveiro 29-1-18. O Concello de Viveiro, consonte o previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo, e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos programados para o martes de Entroido, con motivo da celebración do desfile de Entroido, establece as normas reguladoras de participación, axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes
BASES
PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTO
Constitúese como obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do concurso de disfraces do desfile de Entroido organizado polo Concello de Viveiro.
SEGUNDA.- CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías: carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual.
Para estes efectos, entenderase carroza como vehículo, con plataforma e un mínimo de catro participantes.
TERCEIRA.- REQUISITOS DOS PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso e ser beneficiarios destas axudas calquera particular, asociación ou entidade legalmente constituída, así como os “grupos ocasionais” que cumpran as condicións previstas nestas bases. Neste último caso, os seus integrantes deberán nomear un representante debidamente autorizado para actuar no nome do grupo.
Os participantes poderán inscribirse unicamente nunha categoría: carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual.
A documentación a presentar será a seguinte:
1.- Particulares
– Ficha de inscrición establecida ao efecto.
– Copia do DNI do concursante ou titor, para o caso de menores de idade.
– Certificado expedido pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma, tendo en conta que a titularidade ten que estar ostentada polo participante ou titor, para o caso de menores de idade.
2.- Asociacións legalmente constituídas e grupos ocasionais
– Ficha de inscrición establecida ao efecto. Deberá indicarse o nome, apelidos e DNI do representante do grupo.
– Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (só para o caso de asociacións legalmente constituídas)
A ficha de inscrición e documentación indicada deberá presentarse, en todo caso, no Teatro Pastor Díaz antes das 13:00 horas do venres 24 de febreiro de 2018.
CUARTA.- NORMAS DO DESFILE
Para participar no concurso será necesario cumprir as seguintes normas:
– Ter colocado en todo momento o dorsal que será facilitado pola organización do desfile.
– Gardar a orde de saída durante todo o desfile deixando unha distancia prudente entre os participantes.
– Será de competencia do xurado valorar a impuntualidade dos participantes.
– Se os participantes se acompañan de calquera tipo de dispositivo ou artefacto, deben velar en todo momento pola seguridade dos demais participantes e do público asistente, quedando prohibida a utilización de calquera material pirotécnico.
– Non está permitido participar no desfile con animais.
– Non se permiten representacións de carácter obsceno que poidan ferir a sensibilidade dos espectadores, moitos deles nenos.
–
É imprescindible ir ataviados co disfrace no momento da entrega de premios, que se efectuará ao remate do desfile
QUINTA.- COMPOSICIÓN DO XURADO
O xurado estará composto, como mínimo, por tres membros designados pola organización do concurso.
SEXTA.- PREMIOS E AXUDAS
Os premios establecidos neste artigo outorgaranse mediante moneda de curso legal, que poderan recoller no propio teatro.
Os premios para cada unha das categorías son os seguintes:
CARROZAS
1º PREMIO: 800 €
2º PREMIO 600 €
3º PREMIO 300 €
4º PREMIO 200 €
GRUPOS
1º PREMIO 400 €
2º PREMIO 300 €
3º PREMIO 200 €
4º PREMIO 120 €
COMPARSAS CON MÚSICA
1º PREMIO 400 €
2º PREMIO 300 €
3º PREMIO 150 €
4º PREMIO 100 €
PARELLAS
1º PREMIO 150 €
2º PREMIO 100 €
3º PREMIO 80 €
4º PREMIO 50 €
INDIVIDUAL
1º PREMIO 120 € CORNELIUS
2º PREMIO 100 €
3º PREMIO 70 €
4º PREMIO 50 €
PREMIO DO XURADO AO HUMOR
150 € CCCHV
PREMIO DO XURADO Á ORIXINALIDADE
150 € CCCHV
PREMIO O PARTICIPANTE MAIS LONXEVO RESTAURANTE O MURO 100 + COCIDO PARA DÚAS PERSOAS
Establécese, ademais, unha axuda especial por importe máximo de 200 €, que se concederá a cada unha das carrozas participantes no desfile.
Sendo a suma total, de premios máis ás axudas a carrozas, de 7000 €
SÉTIMA .- PROCEDEMENTO DE ENTREGA DE PREMIOS
Unha vez rematado o desfile, o xurado levantará acta na que consten os premiados por orde decrecente e por categorías..
Sobre a acta do xurado, emitirase informe-proposta pola Técnica de Cultura, que se elevará á Xunta de Goberno Local, órgano competente para a aprobación dos gastos dos gastos correspondentes.
OITAVA.- ACEPTACIÓN DAS PRESENTES BASES E PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
A presentación da ficha de inscrición supón a aceptación incondicional das presentes bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nestas. A organización do concurso resérvase o dereito de calquera modificación que por forza maior se vira obrigada a efectuar.
A concorrencia ao proceso de concesión de subvencións implicará a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao tratamento de datos de carácter persoal e á súa publicación de acordo co previsto na Lei orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente.