A ninguén, que eu coñeza, lle gusta pagar impostos nin tributos polas prestaciones públicas, parece que entendemos que todo o público ha de ser gratuito. Costeamos gustosos todo tipo de gastos superfluos, vacacións na praia, peiteados á última, celebracións e comilonas nos restaurantes punteiros e moda, moda, moita moda, pero á hora de contribuír ás arcas comúns que reverten nos servizos públicos é coma si nosd sácaran unha muela a pistola.
Desde que o mundo é mundo e antes de que se enunciase o principio de que “a materia nin se crea nin se destrúe, tan só transfórmase”, os recursos son os que son. Xa os pais da economía moderna demostraron ás súas insaciables gobernantes que se pode gastar en comidao que non se gaste en canóns e viceversa.
Atopámonos nunhas datas que son as adecuadas para falar destes temas. Por unha banda os concellos deben neste momento aprobar os tributos que deberemos pagar dendeo un de xaneiro.
Non nos enganemos que como decía miña abos Maria de Mon “ninguén dápesos á peseta”. O que non paguen uns pagarano outros, e goberné quen goberné en Madrid, e vindo a proposta de onde vén non é fácil que se cargue máis a quen máis ten, o camiño curto e rápido para aforrar que sempre pon de manifesto a dereita é o do recorte en servizos e atencións sociais. O que non paguen algúns non llo van a cargar ás grandes fortunas que teñen os seus enxeñeiros financeiros para pagar o xusto, nin un euro máis.
O que falte para cadrar restarase en cobertura sanitaria, en atencións sociais, en incrementos de pensións, en axudas á discapacidad, en integración de poboación inmigrante, en apoio aos mozos, en calidade de ensino público, en cultura, en infraestructuras, en fin en todo o que debe ser gratuito e accesible para todos para conseguir a igualdade de oportunidades e o reparto xusto da riqueza, que soamente se conseguen tendo claro o concepto de solidariedade social e a vontade de decidida de chegar a un benestar vital equilibrado. Recordemos que así o deixou feito o PP nas súas últimas etapas de goberno baixo os auspicios do Sr. Aznar.
E o ano que ven temos elecions nos concellos, viran os reises magos e xunto co falta de memoria nos nosos conveciños axudara a olvidar que temos unha estrada feita unha corredoira, xa anunciaron unha vez mais que a van a asfaltar e voltara a ser unha corredoira recen asfaltada.
O nivel de madurez democrática e a formación política dos españois en materia de eleccións hoxe está fóra de toda dúbida. E salvo electores situados firmemente nunha ideoloxía, cuxa máxima resposta de repatalón e castigo aos seus é a abstención, o resto de cidadáns vota de acordo cunha idea formada ao longo do tempo, convencimiento no que tamén incide de forma importante a credibilidade que lle ofreza a persoa ou persoas que representen o programa das promesas electorais e os feitos demostrados. Ollo o dato, pois, e non se deixer camelar por cantos de xilgueiro tramposo e voten vostedes ben o ano próximo.
Otero Regal


















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



