Trátase dun libro disco para público infantil. As ilustracións son de Leandro Lamas. O libro, ademáis das letras das cancións e as ilustracións de Leandro Lamas, inclúe textos –contos e poemas- de escritores da talla de Ledicia Costas, Antonio García Teijeiro, Anxos Sumai, María Lado, Victor Freixanes, Francisco Castro, Paula Carballeira, Marta Somoza e Carlos Meixide. Todos eles autores de primeira liña da literatura galega infantil e tamén de adultos. Os textos complementan as letras das cancións e danlle unha dimensión literaria importante a este traballo de Magín.
