Lugo, 13 de xaneiro de 2017. O Boletín Oficial da Provincia publicou este sábado a resolución dos beneficiarios das axudas para deportistas individuais que o Executivo Provincial ofreceu, en réxime de concorrencia competitiva, por valor de 75.000 euros. En total, foron 150 deportistas individuais da provincia de Lugo os que se beneficiaron destas bolsas, ás que puideron optar todos os lucenses interesados, e coas que o Goberno da Deputación premiou o esforzo competitivo introducindo criterios totalmente obxectivos para a súa concesión. No reparto das bolsas, que oscilan entre os 300 e os 1.500 euros, tivéronse en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais.
Distribución das axudas por modalidade
O Goberno da Deputación achegou un total de 75.000 euros dirixidos a premiar o esforzo competitivo dun total de 150 deportistas lucenses. A distribución das axudas é a seguinte:
– Atletismo: concedéronse un total de 62 axudas, por un valor total de 28.450 euros, que representan o 41,3% do total.
– Natación: concedéronse un total de 15 axudas, por un valor total de 7.100 euros, que representan o 10% do total.
– Tiro olímpico: concedéronse un total de 12 axudas, por un valor total de 5.150 euros, que representan o 9,2% do total.
– Piragüismo: concedéronse un total de 11 axudas, por un valor total de 5.700 euros, que representan o 7,3% do total.
– Taekwondo: concedéronse un total de 10 axudas, por un valor total de 3.450 euros, que representan o 6,6% do total.
– Loita: concedéronse un total de 9 axudas, por un valor total de 6.500 euros, que representan o 6% do total.
– Tríatlon: concedéronse un total de 7 axudas, por un valor total de 6.900 euros, que representan o 4,6% do total.
– Karate: concedeuse 6 axuda, por un valor total de 2.250 euros, que representan o 4% do total.
– Orientación: concedéronse un total de 4 axudas, por un valor total de 2.300 euros, que representan 2,6% do total.
– Judo: concedéronse un total de 3 axudas, por un valor total de 1.100 euros, que representan o 2% do total.
– Tenis de mesa: concedéronse un total de 3 axudas, por un valor total de 900 euros, que representan o 2% do total.
– Tríatlon e péntatlon moderno: concedéronse 2 axudas, por un valor total de 1.300 euros, que representan o 1,3% do total.
– Kickboxing: concedéronse 2 axudas, por un valor total de 600 euros, que representan o 1,3% do total.
– Squash: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 1.000 euros, que representan o 0,6% do total.
– Ciclismo: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 300 euros, que representa o 0,6% do total.
– Federación Española Deportes para Cegos: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 1.500 euros, que representan o 0,6% do total.
– Pesca: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 500 euros, que representa o 0,6% do total.
Distribución das axudas por zonas
– A Mariña. Son un total de 12 axudas por valor de 6.300 euros, o que representa o 8% do total. A distribución por Concellos é a que sigue. Viveiro: 2.500 euros (2 bolsas); Ribadeo: 500 euros (1 bolsa); Lourenzá: 1.500 euros (5 bolsas); Burela: 500 euros (1 bolsa); Mondoñedo: 1.300 euros (3 bolsas).
– Zona Centro. Son un total de 126 axudas por valor de 62.250 euros, o que representa un 84% do total. A distribución por Concellos é a que sigue. Begonte: 750 euros (1 bolsa); Castroverde: 300 euros (1 bolsa); Friol: 500 euros (1 bolsa); Guitiriz: 300 euros (1 bolsa); Lugo: 53.900 euros (110 bolsas); Muras: 300 euros (1 bolsa); Outeiro de Rei: 600 euros (2 bolsas); Rábade: 1.550 euros (3 bolsas); Vilalba: 4.050 euros (6 bolsas).
– Zona Sur. Son total de 12 axudas por valor de 6.450 euros, o que representa un 8% do total. A distribución por Concellos é a que sigue. Monforte de Lemos: 6.450 euros (12 bolsas).





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
