RIBADEO, 25 de xaneiro de 2018.- O PP de Ribadeo alerta de que “a situación de debilidade” na que se atopa o Bloque Nacionalista Galego na Deputación repercute na merma de recursos que percibe o concello ribadense por parte do organismo provincial, e que se demostra en iniciativas como o Plan de Rehabilitación de Estradas aprobado recentemente e posto en marcha grazas á iniciativa e demanda reiterada do Grupo Provincial do Partido Popular.
Esta merma nos recursos da que falan os populares obsérvase se se analizan os importes asignados a cada municipio, no marco desta actuación. No caso de Ribadeo, a este concello, con 9.964 habitantes segundo o último censo poboacional publicado polo Instituto Nacional de Estatística, correspóndenlle 553.846 euros, mentras que Muras, con tan só 723 veciños segundo a mesma fonte, percibe 646.153 euros.
As cifras amosan, por tanto, un claro desequilibrio, pois en termos de beneficio directo aos cidadáns, as partidas citadas supoñen un investimento de 55,5 euros por cada ribadense, fronte aos 467 por cada habitante de Muras. É dicir, este último municipio, que ten 13 veces menos poboación que Ribadeo, o que en termos porcentuais representa un 92,77% menos; recibe 92.300 máis que a entidade local mariñana.
Cos datos na man, e unha vez analizados en profundidade polo grupo municipal, dende o PP consideran que “a escasa forza que exerce o noso alcalde nos seus compañeiros da Deputación é máis que evidente pois, do contrario, estamos convencidos, que este desaxuste non sería tan esaxerado ou, polo menos, sería compensado con outras axudas, programas ou plans”.
Neste senso, os populares queren deixan claro que “nós non nos opoñemos a que outros concellos saian máis beneficiados, todo o contrario; o que denunciamos e criticamos é que quen ten que tirar para Ribadeo, que é o noso alcalde, así como os seus compañeiros de Partido, non o estean a facer”.
“O PP, un aval e unha garantía na Deputación”
A este respecto, e dada “a falta de forza do seus dous deputados, a pesares de que un deles é da Mariña”, o populares póñense a disposición do rexedor para traballar conxuntamente e evitar “esta discriminación”, pois, indica o voceiro José López Penabad, “os nosos compañeiros de Partido na Deputación si que son un aval e unha garantía neste senso; tanto que o traballo realizado, moitas veces en silencio, supuxo e está a supoñer un reparto do Orzamento provincial máis equitativo e menos sectario. Proba delo, son este Plan do que falamos ou o Plan Único, pois se hoxe o organismo provincial os pode executar é grazas ás negociacións e ás xestións do PP”, destacan.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



