En Viveiro, a 26 de xaneiro de 2018. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
Hai uns días liamos nos medios de comunicación como a Xunta de Galicia destinaba 130.000 € para o desenrolo de catro cursos de salvamento na provincia, sendo dous os que se celebrarán en Xove, un en Ribadeo e outro en Lugo.
Son cursos pensados entre outras cousas, para dar resposta ás necesidades que teñen concellos como o noso para poder dispor no verán de socorristas nos nosos areais. Ademáis de dar a formación necesaria ós socorristas, permitindolles obter o certificado de profesionalidade, son gratuitos para todos os que se inscriban, estando principalmente dirixidos ás persoas sin emprego.
Conocedores de que a Xunta deu resposta ó 100% destas solicitudes de sesión formativas promovidas polos concellos, dado a falta de socorristas coa que nos encontramos no verán para cubrir este servicio nas nosas praias e de que supoñen unha oportunidade para persoas desempregadas, e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1- Cal foi o motivo para non solicitar ditos cursos de salvamento para o noso Concello?
No Pleno do 27 de setembro de 2012 acordabase por unanimidade iniciar o expediente para ceder ós Xulgados de Viveiro unha serie de locais de titularidade municipal para a súa ampliación. Dado o tempo transcurrido e que non tivemos ningunha información máis ó respecto, e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1- Trasladouse oficialmente á Xunta de Galicia o acordo de cesión do edificio dos Xulgados?
2 – En caso afirmativo, en que data se fixo?
3- En caso negativo, cal foi o motivo para non envíalo?



















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



