Burela 16-1-18. O pasado 9 de xaneiro una muller octoxenaria acude ao PAC de Burela cun cólico intestinal que lle produce unha dor intolerable.Unha vez vista decídese a súa derivación ao servizo de urxencias do hospital para o seu diagnóstico e tratamento.
Desde que pasa ás urxencias hospitalarias permanece nunha camilla dun corredor durante cinco horas sen atención médica e sen analxesia, cunha dor tan intensa que berra con él. Pasado este tempo é vista por un/-ha facultativ@ que lle pide unha ecografía e unha radiografía para diagnosticar e tratar. Unha vez feitas xa se lle pon analxesia e demáis tratamento. A familia contactou coa Plataforma sanitaria para que lles axudase a poñer a pertinente reclamación e darlle difusión en prensa se nos seguintes días non poñían solución á caótica situación do servizo de urxencias e mesmo agardaban unha desculpa da dirección do hospital . O persoal estába absolutamente desbordado, fixeron canto poideron pero non daban para máis.Quero amosarlles o noso absoluto respecto polo seu traballo e adicación- comenta a súa familia, que tamén é coñecedora de que antes de poñer analxesia hai que ver cal é a súa causa, máis cinco horas berrando de dor nun corredor parécelles imhumano.
Máis lonxe de recoñecer a situación e desculparse , cando menos, a xerenta executiva do Hospital da Costa sae na prensa dous días despois declarando que a situación do Servizo de Urxencias do Hospital é de “normalidade”. Desde a Plataforma sanitaria non podemos comprender como a xerenta executiva, que ate hai pouco tempo traballou neste servizo amosa tan pouca sensibilidade e mesmo maquilla os datos desta maneira. O máis lóxico sería que se preocupase pola cobertura de profesionais como é debido e a maiores que reforzase o servizo cando hai estes picos de incidencia- manifestan membros da Plataforma.
Para a Plataforma Sanitaria é inadmisible que se produzan situacións como esta ,con un persoal sanitario que fai máis do humanamente posible para poder dar a axeitada atención @s pacientes que entran pola porta de Urxencias, pero que se ve absolutamente desbodad@ ante a situación, e esixen que se amplien as plantillas de persoal en cada quenda cando proceda. Tanto que lle gustan ao deputado Vega a aritmética e as contas , pode achegarse a este servizo cando está ateigado e contar in situ @s pacientes que están polos corredores sen atender e mesmo calcular o ratio de persoas que se están a atender por profesional – conclúen desde a Plataforma Sanitaria





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



