Ribadeo, 28 de febreiro de 2018. Hoxe coñeceuse que a Fiscalía denuncia á Cooperativa Os Irmandiños por un presunto delito contra os recursos naturais. O alcalde, Fernando Suárez, O rexedor lembrou que durante 4 anos se dirixiu sen éxito a Augas de Galicia, a Saúde Pública, á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, ao Concello de Barreiros e á mesma cooperativa para que adoptasen as medidas necesarias de cara a evitar os vertidos contaminantes que chegaron ao río Grande e ao embalse de Lexoso. O rexedor sinalou que ante a situación de grave desamparo sufrido e debido ao risco para a saúde que podían supoñer eses vertidos foi por iso que o Concello presentou denuncia diante da Fiscalía no seu momento.
O rexedor explicou que “desde este equipo de goberno durante máis de catro anos estivemos a insistir diante de Augas de Galicia, que depende da Consellería de Medio Ambiente, diante de Saúde Pública, que depende da Consellería de Sanidade, diante da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, que depende do Ministerio de Medio Ambiente, diante do Seprona, diante do Concello de Barreiros, diante da propia Cooperativa Os Irmandiños, para que se adoptasen medidas porque isto se estaba prolongando. E ninguén, absolutamente ninguén fixo nada”.
Fernando Suárez subliñou que “ante a desidia e a falta de acción de Augas de Galicia, de Sanidade, da Confederación Hidrográfica, do Concello de Barreiros e dos Irmandiños non quedou máis remedio por parte do Concello de Ribadeo, que por consello dos técnicos municipais acudimos á Fiscalía para poñer no seu coñecemento esta situación, que entendíamos de grave desamparo. Isto estaba chegando a un punto de poñer en risco a saúde dos veciños e das veciñas deste concello”.
O alcalde dixo: “a partir de agora non teño máis que dicir, mais que agradecer que se poña en marcha todo isto, que a xustiza traballe, pregunte e faga o que teña que facer e colaborar con ela. Quero dicir tamén que a nosoutros non nos gusta utilizar estes medios, pero non quedou máis remedio que facelo así”.
Suárez Barcia engadiu: “eu sei que esta Cooperativa é moi importante para Ribadeo e para a comarca, pero por enriba de todo isto é moito máis importante a saúde dos veciños e das veciñas deste concello. E insisto en que diante do grave desamparo no que nos sentimos durante varios anos, nos que comunicamos documentalmente en tempo e forma a todas estas autoridades públicas da Xunta e do Ministerio, e ninguén de todas elas fixo nada”.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



