Burela, 20 de febreiro de 2018. O barco museo Reina del Carmen será trasladado en breve ao varadero para proceder ao seu pintado e ao arranxo dos pequenos danos que poida ter no casco. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, contou que nas últimas horas mantivo un breve encontro na localidade co presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, con quen falou da nova Edar e da posible creación dunha praza pública detrás do edificio que ocupa a Capitanía Marítima.
O rexedor burelés manifestou que “estamos agora mesmo agardando quenda para levar o barco museo a facer unhas labores de mantemento porque queremos pintalo, reforzar a pintura e mirar como está. Aínda que hai dous anos que se levou para o varadero para arranxalo, ten que volver para ver o casco e facer o mantemento integral que necesita e que nos garanta que o barco museo pode seguir durante moito máis tempo funcionando, que certamente é un dos grandes atractivos turísticos que ten agora mesmo Burela”.
Alfredo Llano anunciou que “saíu hoxe publicado algo que tíñamos pedido a Portos de Galicia, xa llo tíñamos falado ao presidente, o señor Durán. Onte deuse a noticia que íanse instalar alí tres defensas V300 que se van colocar ao barco museo. Tiñámolo solicitado fai tempo, accederon e a verdade é que hai que estar agradecidos porque desa maneira se protexe moi ben o barco museo e incluso dálle outra categoría visual no porto onde está instalado”.
O alcalde engadiu que “falamos tamén doutra cousa que lle quero facer a proposta. Queremos colocar a Edar o antes posible no porto de Burela, estamos pendentes de cando se remate o proxecto levarlle unha copia a Portos para comezar os trámites e ir xa dando os pasos definitivos. E por outra banda, había un proxecto para un espazo que ten Portos detrás de Capitanía para arranxalo e que puidera ser bo para ubicar unha serie de negocios, e sobre todo unha praza pública para facer alí un lugar atractivo para a xente. De entrada queremos arranxar a fachada e ese espazo que agora mesmo está moi deteriorado, e queremos preparalo para motivar que se colocaran dous ou tres negocios nesa zona”.
Alfredo Llano engadiu que “imos tratar de que o barco museo siga funcionando dunha maneira óptima durante moito tempo, polo tanto procuraremos no futuro facer todo o posible desde o Concello para que iso sexa así”.
Aparcadoiro do Hospital da Costa
O alcalde, Alfredo Llano, referiuse á proposta realizada nas últimas horas por parte do PP sobre a aparcadoiro do hospital da Costa e a Policía Local. O rexedor dixo: “o señor Barcia fai unha proposta de que a Policía Local de Burela regule e controle os accesos e os aparcamentos do hospital, pero el sabe perfectamente, ademais tivo experiencia durante moito tempo, que a Policía Local non ten atribucións no espazo de aparcamento do hospital. É unha cuestión que lle corresponde única e exclusivamente ao Sergas, que é como un espazo deles, que está baixo a súa responsabilidade, e non é función nin debe ir a Policía Local a regular alí. Quen debe facerse cargo é o Sergas a través dos mecanismos polos que opte, con gardas ou como sexa para que poida regular alí o tráfico”.
Llano puntualizou que “o que si facemos desde o Concello é levar á Policía Local cando se necesita por algunha razón concreta ou por algunha cuestión que nos solicite o propio hospital, como foi agora cando están coas obras para mellorar o tráfico, a accesibilidade, a sinalización, e estar alí dalgunha maneira axudando, iso é outra cousa. Pero estar regulando o tráfico no hospital sabe o señor Barcia que iso non se pode facer”.
O alcalde de Burela considera que “o que si que debemos procurar é acelerar as obras do hospital, sobre todo no referido aos aparcamentos, porque é algo que tiña que estar rematado e incluso debía estar en funcionamento, e iso si que podía axudar dunha maneira indirecta a regular o tráfico e abrir máis posibilidade de aparcar na zona. Se quere o señor Barcia que apure un pouco os responsables de quen ten que rematar a obra para facilitar o aparcamento a través dese aparcadoiro que se considera que vai ser público, destinado á xente que teña que empregalo”.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



