Mondoñedo, 27 de febreiro de 2018. Os socialistas de Mondoñedo advirten que a praza de convocada polo Concello de Mondoñedo de Educador Social pode vulnerar o principio de igualdade. Esperanza Gonzalez advertiu desta situación, nunha pregunta realizada no último pleno, na que demandou explicacións sobre o escrito presentado polo Colexio de Traballadores Sociais de Galicia, no que fai alegacións sobre esta praza.
Esperanza González sinala “que concretamente o Colexio advirte que o procedemento iniciado polo Concello vulnera o princio de legalidade, xa que tal e como constata na alegación presentada, os/as traballadores sociais son profesionais cun perfil idóneo para desenvolver as funcións propias do Técnica/o de Educación Familiar, e que así o avala a xurisprudencia e a normativa que rixe os Servizos Sociais en Galicia”.
Asi as cousas o Colexio, demandalle ao Goberno de Elena Candia que modifique a base 4ª desta convocatoria, na que se reflicte que o para poder presentarse é necesario o título de diplomatura ou grao en traballo social. Esperanza González afirma que “se exclúe á titulación de traballo social, cando tal e como se sinala na propia normativa pode desempeñar estas funcións, como asi alega o Colexio”.
O escrito que alega o Colexio de Traballadores Sociais de Galicia, di textualmente;
No que atinxe ao persoal que pode realizar o servizo e acceder aos postos de “EDUCADOR/A FAMILIAR”, ORDE de 11 de junio de 2008 por la que se convocan ayudas para el desarrollo de programas de educación familiar por las corporaciones locales de Galicia.(DOG, 121 do 24 de xuño de 2008)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2008/20080624/Anuncio2AA3E_es.html, no seu artigo 4, recolle no primeiro epígrafe que “o persoal técnico especializado que contrate a corporación local para desenvolver o programa para a Educación Familiar deberá ser preferentemente educador social. Tamén poderán ser contratadas persoas coas titulación de psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, traballo social, así como os diplomados/as en maxisterio que con anterioridade ao ano 2004 viñan desenvolvendo o programa”
Tendo en conta a información aportada nos apartados anteriores, consideramos que, os/as traballadores sociais son profesionais cun perfil idóneo para desenvolver as funcións propias do Técnica/o de Educación Familiar, e que así o avala a xurisprudencia e a normativa que rixe os Servizos Sociais en Galicia , CONSIDERAMOS QUE, a legalidade vixente esixe a subsanación da redacción da BASE CUARTA, incluindo como requisito “título de diplomatura ou grao en traballo social”, e facéndose esta subsanación neste momento inicial tanto polas citadas razóns de legalidade como polas de eficacia e eficiencia administrativa, previndo así a eventualidade de ulteriores recursos en momentos posteriores do procedemento.
Polo exposto
A VDE. Solicito que teña por presentado este escrito e efectuadas as anteriores alegacións, acordando conforme se deixa interesado no parágrafo final das mesmas cos demais pronunciamentos legalmente procedentes.


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



