Lugo, 27 de febreiro de 2018.- O Grupo Provincial do Partido Popular lamenta que o PSOE e o BNG se negasen a elaborar unha declaración institucional para “activarse e mellorar as políticas en materia de igualdade laboral”. Os populares votaron en contra das mocións presentadas polos grupos socialistas e nacionalistas na Deputación nas que só pedían acudir á folga de reivindicación feminista ao considerar que se limitan a colocarse de perfil, xa que os populares defenden que á igualdade real “non se chega con mostras ou meros xestos, como pode ser unha folga, senón que cómpre activarse, pasar dos xestos aos feitos, e seguir traballando na loita contra a discriminación por razón de xénero”.
Os populares reafirmaron o seu compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e pronunciáronse para recoller o traballo das mulleres que permitiron alcanzar logros en materia de igualdade “cousa que non resultou sinxela”. En concreto, dende o PP explicaron que hoxe a lei protexe esta igualdade e “os pasos para erradicar distintas formas de discriminación foron importantes e non teñen volta atrás pero quedan pendentes flecos para unha igualdade real”.
En concreto, a deputada Mari Teijeiro precisa que á igualdade real “non se chega con mostras ou con meros xestos, como podería ser esta folga, dende o PP consideramos que para esa igualdade compre activarse e non pararse. Pasar dos xestos aos feitos polo que debemos seguir traballando na loita contra a discriminación por razón de xénero, para a progresión na carreira profesional e para a conciliación ou para a igualdade de oportunidades”. De igual xeito, os populares tamén precisaron que “a Deputación tamén pode activarse e facer máis do que está a facer”.
Para os populares, en lugar de instar á institución a unha folga, sería máis proveitoso seguir traballando na sensibilización social, en poñer en valor as vantaxes dunha organización social corresponsable e mesmo en apoiar aos concellos que apostan pola igualdade, a conciliación ou a corresponsabilidade. Neste senso, Mari Teijeiro definiu como “imprescindible, que as administracións vaian da man. Entendemos que a solución pasa por dúas cuestións fundamentais: en primeiro lugar, traballar dende a unión, unir esforzos e non buscar nesta cuestión unha arma arroxadiza e, en segundo lugar, activarse para lograr políticas que contribúan a reducir desigualdades que existen en áreas como o emprego, a economía ou a doméstica”.
“Dado que o fondo a defender é o mesmo por todos os grupos políticos, aínda que as formas sexan diferentes, é dicir, a loita pola igualdade en materia laboral; invitámosvos a crear unha declaración institucional na liña de activarse e seguir traballando”, expuxo a deputada popular. Esta proposta foi rexeitada polo PSOE e polo BNG na Deputación de Lugo, mentres que si resultou apoiada, por exemplo, no Concello de Outeiro de Rei, onde é edil o deputado provincial encargado de defender a postura do BNG no pleno da Deputación. Así, os populares lamentaron as incongruencias existentes, entre elas, a petición lanzada por nacionalistas para que os partidos políticos dean mostra na aposta pola igualdade, cando, por exemplo, o BNG na institución de Lugo caracterízase pola ausencia de mulleres.
Polo tanto, dende o Grupo Popular concluíron que “só pedimos activarse e seguir traballando e non quedarse en xestos, como por exemplo no Concello de Lugo, que só se pon detrás da pancarta, onde levamos anos esperando por un plan de igualdade, con un protocolo de violencia de xénero que quedou no caixón ou cunha mesa técnica da que lavamos máis de seis anos sen saber nada”. “Vostedes traballan por xestos e o PP con feitos”, precisaron.


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



