Burela, 27 de febreiro de 2018. O Concello limitará a velocidade a 30 quilómetros por hora na avenida da Mariña, na rúa Castelo, nas zonas escolares e no Cantiño para garantir a seguridade tanto dos peóns como dos vehículos que transitan por esas vías. Anunciouno esta tarde o alcalde de Burela, Alfredo Llano.
O rexedor dixo que “na avenida da Mariña vamos limitar a velocidade a 30 quilómetros por hora para que a circulación por esa vía sexa moi segura. Recibimos protestas fundamentadas sobre a velocidade á que transitan algúns vehículos por esa zona. E por seguridade actuaremos aí. Tamén poñeremos límite de velocidade a 30 por hora nas zonas escolares, tanto nos colexios como nos institutos. E tamén levaremos esta medida ao Cantiño, nunha zona que hai paralela á praia, ao igual que rúa Castelo, aquí ao lado”.
Llano subliñou que “aquí hai que facer as cousas sen entorpecer para nada a vida normal dos nosos veciños e veciñas, pero si pensando na fluidez, na seguridade, na regulación e sobre todo favorecendo que se cumpran todas as obrigas do regulamento de tráfico”.
O alcalde burelés saíu tamén ao paso das acusacións realizadas nas últimas horas polo grupo municipal do PP sobre a avenida da Mariña e os aparcamentos que hai nesa rúa: “din textualmente que está a provocar protestas entre os cidadáns igual que aconteceu en Arcadio Pardiñas, dado que os vehículos que circulen en dirección ao porto non poderán aparcar á esquerda debido ao pintado dunha liña continúa, que imposibilita tal manobra”. Alfredo Llano puntualizou que “aquí cando se fan as cousas non se fan de xeito infantil, como parece que eles o ven. Teñen unha visión da realidade a través dun prisma infantil, e entón claro pensan que todos traballamos así e non é certo. Cando se actúa tanto na avenida da Mariña, Arcadio Pardiñas ou calquera outra rúa o que facemos é preocuparnos pola seguridade, pola fluidez, pola mellor fórmula para que non existan problemas coa circulación por Burela”.
Para o rexedor “si din o que din é que están a dar a razón a aquela xente que pretende incumprir as normativas de tráfico nesta materia ou que ve moi cómodo un aparcamento, independentemente de si pode cruzar ou non a rúa. Iso pode provocar moitos problemas para a seguridade. Aínda que exista unha liña discontinua non está ben cruzar a rúa e invadir o outro carril para aparcar. Aquí non se traballa pola comodidade parcial, senón que se fai polo interese público global. Non podemos permitir isto, e menos contradicindo as leis de tráfico. Non se pode favorecer o incumprimento das devanditas leis ou normativas de tráfico. Si se aparca contra sentido vai crear sempre algún tipo de problema e condiciona a condución da xente que está a circular ben e pola súa man. Iso que din parécenos pouco serio. Hai que pensar na seguridade de todos os veciños”.
Alfredo Llano convida aos populares “a que se preocupen dos problemas que teñen os veciños e veciñas de Burela, que se deixen de defender opinións particulares, xa que máis parece que é por comodidade e por non dar unha volta duns 100 metros. Iso non vai ser así. Nós seguiremos facendo as cousas dunha maneira consensuada, sempre pensando no global, na seguridade de todo o mundo e sobre todo pensando no que é bo para todos os veciños e veciñas de Burela”.





















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



