Foz 09-02-2018.- No día de hoxe, a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, aprobou o convenio asinado co Club Deportivo Foz, cunha dotación de 100.000 euros para executar diferentes reformas no campo de fútbol Martínez Otero de Foz.
Unha boa nova para o deporte de Foz e os deportistas que xogan e adestran nesta instalación.
O PSOE de Foz acompañou ao presidente do club, Pepe Rivera, nas negociacións coa Deputación para solicitar esta obra de mellora, tan necesaria, das instalación do Campo de Fútbol Martínez Otero.
Sufragada integramente polo ente provincial, esta partida de 100.000 euros, empregarase para dotar ao campo de fútbol de un novo céspede co correspondente drenaxe, o que solucionará os problemas de encharcamentos que sofre na actualidade, dotalo de rego automático, renovar porterías e vaiado das gradas, entre outros.
Con estas actuacións vaise mellorar moito tanto o terreo de xogo, que se convertía nun barrizal cando chovía, como a seguridade dos deportistas usuarios do campo.
Agora é necesario e así o demanda Club Deportivo Foz, acometer tamén unha reforma dos vestiarios, polo que dende o PSOE de Foz instamos ao equipo de goberno do Concello de Foz a que cumpra co fútbol focense como o fai a Deputación.