Viveiro 14-2-18. Na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado luns, 12 de febreiro de 2018, acordouse a adxudicación da obra referida no proxecto denominado “ADAPTACIÓN DEL PROYECTO DE “REPOSICIÓN DE FIRME EN CAMINOS DE TITULARIDAD MUNICIPAL AL AYUNTAMIENTO DE VIVEIRO-LUGO” A LAS CONDICIONES ESTABLECIDAS EN EL INFORME DE FECHA 27/9/2017 POR EL SERVICIO PROVINCIAL DE COSTAS EN LUGO (REF.: SER01/17/27/0031).”
O vial obxecto deste proxecto e que dá acceso á parroquia de San Julián de Faro posúe un firme moi envellecido polo tráfico soportado e a entrada de augas pluviais na plataforma do camiño, que provoca arrastres importantes de material do firme.
O estado que presenta a capa de rodadura fai que o seu comportamento, frente aos esforzos aos que é sometida, non sexa o máis apropiado para os fins que lle son encomendados.
A actuación que se pretende acometer neste proxecto consiste no acondicionamento da superestrutura de camiño denominado Pista de Alboi; preténdese realizar unha mellora no firme de dito vial, mellorando a capa de rodadura mediante aplicación de aglomerado en quente de 6cm de espesor medio. Farase, ademais, limpeza de cunetas e as obras de barrido e limpeza previos do vial.
Esta obra, subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), foi adxudicada por un presuposto total de 73.028,82 (ive incluído) e cun prazo de execución de un mes.
Por outra banda, a Deputación Provincial de Lugo tamén vai levar a cabo diferentes obras en estradas de titularidade provincial por un importe de 200.000 euros. O persoal do Servizo de Vías e Obras xa redactou o proxecto correspondente ao Plan Extraordinario de Rehabilitación de Firmes de Vías Provinciales 2017/2019 das vías provinciais situadas neste termo municipal, a partir das propostas realizadas por este concello, resultado os tramos a rehabilitar os que a continuación de detallen:
– LU-P-6601 “de Misericordia a Silvarosa”, pk 0+000 ao 1+350
– LU-P-6611 “de Magazos a Fontecoba”, pk 1+500 ao 2+830
– LU-P-6613 “do cemiterio novo á igrexa de San Roque”, pk 1+100 ao 3+000.
A actuación que se pretende acometer nestes viais consiste no aglomerado en quente do seu firme, sinalización vertical e horizontal e limpeza de cunetas. A día de hoxe, estase en proceso de licitación atopándose aberto o prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas.
Estas obras suporán unha importante mellora para estes viais do noso termo municipal.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



