Ribadeo, 26 de marzo de 2018. A Xunta organiza esta tarde en Ribadeo, unha xornada informativa sobre axudas para rehabilitación de vivendas. O acto terá lugar a partir das oito da tarde, no salón de actos do instituto Porta da Auga, con entrada libre e gratuíta.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidirá este encontro, no que técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) darán conta das principais liñas de axuda que o Goberno galego ten en marcha para mellorar os fogares, sexan estas vivendas unifamiliares ou edificios e comunidades.
Durante a xornada darase conta de todo tipo de iniciativas de apoio previstas pola administración autonómica, que inclúen desde axudas directas a fondo perdido de ata 15.000 euros, ao financiamento do cen por cen dos tipos de xuro nos préstamos que se soliciten.
Deteranse con especial interese no programa de axudas para a rehabilitación de vivendas emprazas nas parroquias polas que discorren os camiños de Santiago, outros apoio para a mellor das edificacións emprazadas no rural ou nos cascos históricos e tamén explicarán as axudas para a instalación de ascensores que mañá mesmo