Lugo, 16 de marzo de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou sobre a adxudicación dos traballos de construción da Granxa Experimental do Campus Terra en case 930.000 euros. Está previsto que as obras comecen no mes de maio. Con esta nova dotación da Granxa Experimental de Leite contribúese a investigación sobre a redución de custos e a incorporación de tecnoloxías no sector lácteo. Este centro garante o distintivo internacional da Facultade de Veterinaria. Estarán listas, polo tanto, para cando a Comisión da European Association of Establishments for Veterinary Education (EAEVE) visite a provincia para renovar a distinción internacional da Facultade de Veterinaria.
Esta nova dotación situarase nun nova nave, que se vai a construír, nunha finca de 15.500 metros cadrados da Granxa Gayoso Castro, que actualmente está sen uso e a carón de máis terreos para as cabezas de gando. Trátase dun centro de primeiro nivel que estará en funcionamento no curso académico 2018-2019. Terá capacidade para 70 vacas produtoras de vacún de leite, contará cun robot de muxido, cun centro de recepción de visitas onde se incluirá unha aula de actividades docentes, de formación e de divulgación, así como un laboratorio para actividades investigadoras.
Nesta mesma infraestrutura tamén se habilitará unha nave que acolla a alimentación do gando, silos con capacidades para almacenar as necesidades da explotación ou un espazo totalmente pechado no que se gardará a maquinaria. A Granxa Experimental do Campus Terra terá como obxectivos avanzar na redución dos custos de produción do leite, así como na automatización e na incorporación das novas tecnoloxías a este proceso. Con isto “pretendemos combater uns dos principais problemas que sofre o sector lácteo: os baixos prezos do leite e a falta de man de obra e de calidade de vida dos seus profesionais. Ademais, buscamos conseguir que a Facultade de Veterinaria manteña o seu recoñecemento internacional”, destacou Campos.
Prácticas e actividades de investigación
A Granxa Experimental de Leite cubrirá unha parte importante de veterinaria e politécnica. Profesorado, alumnado e docentes de Veterinaria, poderán realizar prácticas de diferentes materias de veterinaria, enxeñería agrícola e alimentaria; máster de enxeñeira agronómica e máster de produción de leite, cun enfoque máis profesional e práctico en aspectos como manexo sanitario, podoloxía, alimentación, benestar, calidade do leite ou produción agraria. Tamén se desenvolverán actividades de investigación en temas de interese para o sector e actividades de formación continua para profesionais do sector e gandeiros.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



