Lugo, 6 de marzo de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este martes, no salón de actos do Pazo de San Marcos, a Semana Santa internacional de Viveiro, que conta co apoio do Goberno da Deputación, cunha achega de 25.000 euros, pois supón un importante revulsivo económico, non só para o Concello, senón tamén para a Mariña e o conxunto da provincia. Ademais, o Executivo tamén colabora coa carpa Antesala dun Museo, onde están expostos os diferentes pasos da Semana Santa; así como con actividades de promoción e posta en valor da cita como atractivo turístico da provincia de Lugo, capaz de xerar riqueza.
No acto tamén participou o Presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa, José Veiga Golpe. Este colectivo representa ás 8 confrarías viveirenses: “Venerable Orden Tercera”, “Cofradía del Santo Rosario”, “Cofradía del Santísimo Cristo de la Piedad”, “Hermandad del Prendimiento”, “Hermandad de las Siete Palabras”, “Hermandad de la Santa Cruz”, “Nazareno dos de Fóra”, e “Misericordia”.
Campos Conde destacou “a grande dimensión que ten acadado a Semana Santa de Viveiro, sendo un dos principais reclamos turísticos da Mariña Lucense e, sen dúbida, un dos eventos que consegue atraer a máis visitantes á nosa provincia chegados de todos os puntos de España e tamén doutros países. Neste senso, cómpre subliñar que a Semana Santa move, de media, a unhas 30.000 persoas, coa consecuente repercusión económica que isto supón, acadando unha ocupación hoteleira no municipio do 100% ”.
O Presidente engadiu que “froito do traballo que o Concello de Viveiro desenvolveu conxuntamente coas confrarías, hoxe en día podemos presumir de celebrar na provincia de Lugo unha das Semanas Santas máis importantes de España, cun amplo programa de actos e a implicación de toda a veciñanza”.
Pola súa parte, Loureiro García agradeceu “o compromiso do Goberno Provincial con esta cita” e lembrou a figura de Melchor Roel “unha persoa clave para entender o que representa hoxe a Semana Santa, posto que foi capaz de unificar o esforzo dos máis de 3.000 confrades, -máis do 20% da poboación total de Viveiro-, mediante o impulso á Xunta de Confrarías”.
A Deputación de Lugo colaborou co Concello de Viveiro e a Xunta de Confrarías para que a Semana Santa viveirense, que é de Interese Turístico Nacional dende o ano 1988, recibise esta distinción a nivel internacional no 2013. Así mesmo, a través da Fundación TIC elaborou varios traballos audiovisuais, difundindo a Semana Santa viveirense en destacadas citas como FITUR.
Máis de 185.000 euros
O Goberno da Deputación de Lugo leva colaborado intensamente co Concello de Viveiro e a Xunta de Confrarías para promover e pór en valor a Semana Santa deste concello mariñán, un reclamo turístico xa consolidado na provincia. Faino debido á importancia desta cita para a economía local e provincial pois, cada ano, son máis as persoas chegadas de todos os recunchos de España; así como doutros países, as que deciden gozar dun evento que conta co distintivo de Interese Turístico Internacional dende o ano 2013, candidatura promovida polo Goberno Provincial.
Ademais, nos últimos anos o Executivo Provincial achegou máis de 185.000 euros para colaborar na organización dos actos; así como coa propia Xunta de Confrarías. Realizáronse tamén ducias de obradoiros para nenos, a través da TIC da Deputación e do CENTRAD.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



