Viveiro 25-4-18. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste xoves 26 de Abril a Campaña do Dia da Nai. Ó igual que nos anos anteriores e debido ó gran éxito que tivo esta campaña, sorteamos un fantástico diamante, unha espectacular xoia ca que agasallar ás nosas nais.
O obxetivo é seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar esta data, un premio único para unha persoa única.. as nais.
Os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€, nas urnas habilitadas en calquera do s negocios asociados ó CCHV.
No reverso do tícket poñerán os seus datos de contacto, nome e teléfono.
Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o xoves 26 de abril ata o domingo 6 de Maio.
Só se poderá participar con tíckets de valor de 10€ ou superior (non se permite a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 10€)
O sorteo realizarase o luns 7 de maio ás 21:00 horas nas oficinas da Asociación, comunicándoselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.
Os obxetivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases do sorteo e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



