Foz, 23 de abril de 2018. A Biblioteca Pública Municipal de Foz comezou a súa Programación das Letras coa visita de 34 nenos e nenas da gardería A Galiña Azul, que xa levaron o novo carné co que poderán acceder a servizos en calquera das bibliotecas que contan co novo programa Koha da Consellería de Cultura.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, anuncia que “as actividades continúan este mércores, día 25 de abril, con Trinketrinke Teatro que ofrecerá o espectáculo de contacontos titulado Avós, unha nova aventura dos Ratos de Lonxedetodo. A ratiña Lili Gruyère contaranos como lle axudou á súa avoa hai moitos anos a plantar unha maceira. O ciclo da vida e o respecto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo, que é para maiores de 3 anos. E o venres, 27 de abril, terá lugar a actividade de dinamización lingüística chamada Enredando con Pakolas, cancións e os contos que as acompañan, xerando unha historia fantástica cunha parábola ou moralexa final, para público familiar. Un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Coñecerán as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín… e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas (Paco Cerdeira), que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante. É un espectáculo dentro da Rede de Dinamización Lingüística. Os dous serán ás 18:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura”.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



