Lugo, 24 de abril de 2018. Tras a aprobación cos votos a favor dos Deputados do PP da proposta dos propios populares de reprobar ao Presidente, Darío Campos Conde destacou que “a reprobación é a dinámica na que a oposición do Partido Popular está instalada na Deputación de Lugo. Se a labor dos grupos da oposición é o control e fiscalización do goberno, na Deputación esta parte obviase e téñena convertido nunha crítica permanente. Así, mentres uns temos a responsabilidade de sacar adiante proxectos para todos os veciños da nosa provincia, outros acomodáronse no reproche constante”.
“Pero máis aló do Pleno, máis aló da Corporación, das Cámaras, das plumas e das rotativas ou de nós mesmos; están os veciños e veciñas, os que necesitan que se impulsen plans que lles ofrezan unha oportunidade, unha esperanza para poder vivir con dignidade e tranquilidade”.
“Ben é certo que as necesidades concretas que hoxe ten a sociedade non son exactamente as mesmas, na súa expresión, aínda que non na súa raíz, incorporándose coma instrumentos de benestar e desenvolvemento novos recursos ou instrumentos que son demandados polo conxunto social”.
“A política debería contar cos máis responsables para exercela”
“Hoxe a política ten necesidades distintas, nun escenario para moitos de indignidade da mesma, polo que debería, máis que nunca e dende sempre, contar cos máis responsables para exercela; debería estar arroupada de discursos certos e honestos, de relatos construtivos e descritivos da realidade, e non dos intereses electorais dunha organización política ou, o que resulta máis mezquino, dunha persoa”.
“Certos comportamentos no seo da política teñen consentido que, o que para uns é unha inmoralidade, sexa normalidade para outros, poñendo enriba da mesa a relación deshonesta entre algúns políticos e a cidadanía”.
“Circunscribir a política exclusivamente á consecución de maiorías conleva que a ideoloxía, os programas, a esencia da política… se desprace a un plano residual, cando debería ser, precisamente, o máis importante”.
“Os máis bisoños teñen convertido á política nunha cuestión aritmética”
“Os máis bisoños teñen convertido á política nunha cuestión aritmética, recreándose, permanentemente, no cálculo de posibilidades electorais, co lastre que tal actitude significa para comunidades, territorio… Pero a algúns só lles importa o inmediato, o visible, o curto, o propio, o presente…nada máis. Así, temos a mediocridade, a inquina e a malicia disfrazada de política. Calquera mezquindade se agocha na perversa máxima de que en política todo vale, sabendo o dano que esa farsa fai a política de verdade, tratando de convencernos de que a política é a que practican os caciques, chegando a acuñar a expresión cacique bueno”.
“Vin á política a construír para todos os veciños”
“Eu non vin á política a facer espectáculo nin ruído, vin a construír para todos os veciños e veciñas. Dende o día que son Presidente, só me propuxen sacar adiante iniciativas, programas, proxectos… que permitisen a esta provincia, cando menos, sobrevivir e, na medida do posible, irse recuperando da debilidade que lle ten provocado anos de desleixo, por non dicir desprezo, das políticas das dereita que dende a Xunta de Galicia e o Goberno Central sempre se basearon en investir onde se concentra a poboación por simples intereses electorais, e non onde os veciños e veciñas tamén o necesitan”.
“Atopeime cos maiores simplismos que teño visto en política”
“Nunha conxuntura política complexa, que representaba unha verdadeira oportunidade para demostrar a cultura, madurez e responsabilidade de cada un de nós, atopeime cos maiores simplismos que teño visto en política, e non por elo decaín no ánimo de sacar proxectos adiante, nin dexei de ser proactivo. Tampouco deixei de tomar decisións cando debía tomalas, algunhas por certo pouco agradables, pero nas que tivo que pesar a responsabilidade e o rigor por riba da comodidade”.
En dous anos e medio, máis de 129 millóns para todos os lucenses
“Ante unha Xunta de Galicia e un Executivo Central inexistentes en Lugo, este Goberno fixo que a Deputación sexa hoxe o motor económico e social da provincia, poñendo a disposición dos máis de 300.000 veciños dos 67 Concellos o que é seu: os fondos públicos desta Deputación, os que, precisamente, lles nega o Partido Popular dende as administracións autonómica e estatal. Durante os dous anos e medio que este Goberno leva á fronte da Deputación, levamos a cabo un silencioso, pero intensísimo traballo, que non poderíamos desenvolver sen a imprescindible colaboración dos traballadores desta institución, aos que vostedes, por certo, castigan ser razón. Xuntos acadamos un nivel medio de execución superior ao 80%, porcentaxe lonxe do 55% do Executivo Provincial do PP nos anos 2005 e 2006. En dous anos e medio, fomos capaces de inxectar no conxunto do territorio lugués un investimento de máis de 129 millóns de euros”.
“Lideramos a obra pública na provincia”
“Destinamos 55 millóns á mellora infraestruturas nos 67 Concellos: dende estradas, traídas de auga, rúas, centros sociais, instalacións deportivas ou culturais…. Fixemos que a Deputación liderase a obra pública na provincia, mellorando os servizos públicos aos nosos veciños, mantendo postos de traballos e dinamizando a economía do rural”
“Somos os que máis investimos no fomento do Estado do Benestar”
“Achegamos máis de 31 millóns ao impulso do Estado do Benestar, xerando 1.500 novos postos de traballo, 10.000 prazas de Teleasistencia gratuíta e de Servizo a Domicilio a non dependentes, e colaborando co conxunto do tecido asociativo social da provincia no desenvolvemento de proxectos encamiñados a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, de xeito especial, aos que máis o necesitan: maiores ou persoas con capacidade diferentes. Fixemos que a Deputación sexa a administración que máis inviste na provincia en políticas activas de xeración directa de emprego e de fomento do benestar”.
“Somos a institución que dinamiza social e economicamente a provincia”
“Investimos 28,5 millóns ao fomento do turismo e da cultura, levando directamente aos 67 Concellos máis 1.700 iniciativas e colaborando con máis de 500 colectivos. Somos, por excelencia, a institución que dinamiza social e economicamente a nosa provincia.
A de Lugo é a 1ª Deputación en Galicia e a 3ª en España que máis inviste en deportes
“Destinamos máis de 15 millóns ao impulso do deportes, ofrecendo unhas 2.500 axudas a equipos profesionais e de deporte base en todas as modalidades ou promocionando a actividade deportiva de máis de 200 entidades lucenses. Fixemos que a Deputación de Lugo sexa a 1ª en Galicia e a 3ª en España que máis inviste en deportes por habitante”.
“O corazón da provincia: unha Deputación coas persoas, sumamente social e rural”
“O traballo deste Goberno dende todos os seus departamentos, coa inestimable implicación dos traballadores públicos desta Casa, fixo que esta administración sexa hoxe o corazón da provincia; unha Deputación coas persoas, sumamente social e rural”.
“Pregúntome que proxecto teñen para esta provincia os que reproban todo canto acabo de apuntar. Pese a non ter resposta en numerosas ocasións, insisto, unha vez máis, en facer un chamamento a todas e todos os Deputados á responsabilidade”.
“Temos unha marabillosa oportunidade de demostrar o valor da política, pero non pode ser cousa de un só ou dun único grupo”, destacou.



















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



