Santiago, 25 de abril de 2018.- A Dirección Xeral de Patrimonio Natural contará con persoal de apoio na praia das Catedrais para realizar labores informativos e de vixilancia nos accesos ao monumento natural durante as pontes do 1 e do 17 de maio. Así o avanzou esta tarde a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, durante a súa intervención no Parlamento para informar das actuacións impulsadas pola Xunta na zona tras o accidente do pasado 31 de marzo.
Esta medida, tal e como explicou, súmase ao reforzo realizado xa nas últimas semanas na difusión da normativa de uso público do espazo, dos riscos e das prohibicións a través da instalación de máis carteis e paneis informativos no monumento natural e das melloras introducidas na ordenación e sinalización dos sendeiros de acceso.
Así mesmo, Beatriz Mato lembrou que unha das principais decisións que adoptou de inmediato o seu departamento foi encargar un novo estudo xeotécnico á Universidade da Coruña para coñecer o estado das Catedrais, con datos concretos e actualizados sobre a súa estabilidade.
O equipo redactor, engadiu, está a ultimar xa o informe preliminar que servirá de base ao estudo definitivo e cuxas conclusións serán trasladadas ao Concello de Ribadeo e á Dirección Xeral de Costas co fin de que cada organismo poida valorar a adopción de novas medidas.
Neste sentido, a conselleira incidiu en que despois do accidente e sempre dentro das súas competencias en materia de protección do enclave natural, a Xunta traballou para mellorar e reforzar as medidas adoptadas con anterioridade, mantendo aberta en todo momento unha vía de diálogo e coordinación coas outras administracións implicadas: o Concello de Ribadeo, como xestor do areal, e a Dirección Xeral de Costas, titular do dominio público.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



