Foz, 11 de abril de 2018. A Delegación de Cultura e Educación do Concello de Foz organiza unha exposición en homenaxe a Pepe de Burón, artesán de Mañente, que se inaugurará este venres, día 13, ás oito da tarde na Casa da Cultura.
O concelleiro de Cultura e Educación en Foz, Ánxel Paleo, anunciou que “o venres 13 de abril ás oito da tarde na Casa da Cultura de Foz será a inauguración da exposición en homenaxe a José Díaz Fernández, máis coñecido como Pepe de Burón, veciño do barrio de Mañente, na parroquia de Vilaronte. Era unha persoa autodidacta, un artista na talla de madeira, na de pedra, lousa, mármore e no repuxado de coiro. Deixounos para o recordo grandes obras mestras e incluso el mesmo facía a ferramenta que utilizaba”.
O edil quere “agradecer á súa muller e á súa filla todas as facilidades que nos ofreceron e a súa colaboración para facer esta homenaxe e tamén a colaboración desinteresada de Antón Niñe e Xesús de Breogán”, que falarán na inauguración da mostra.
Ánxel Paleo explicou tamén que “a exposición estará aberta do venres 13 ao venres 20 e convido a todos os veciños a que se acheguen para coñecer a vida e obra dun dos artistas do concello”.
Esta mostra, organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, permanecerá aberta no primeiro andar da Casa da Cultura focense os días 13, 16, 17, 18, 19 e 20 deste mes das 19:00 ás 20:00 horas e o martes día 17 poderá visitarse tamén de once a doce da mañá. Para os centros escolares haberá horarios especiais.
José Díaz Fernández naceu o día 16 de xaneiro de 1939 no barrio de Mañente da parroquia focega de Vilaronte. Fillo de Celestino Díaz López, natural de San Andrés de Ribeira, no concello de O Páramo, que tivo a Pepe con 42 anos de idade. Súa nai era María Josefa Juana Fernández Ferreira, natural de Vilaronte (Foz). O avó materno, Manuel Fernández Texta, era natural de A Pobra de Burón, no concello da Fonsagrada, de aí o nome popular da casa desta familia.
Pepe de pequeno acude á escola de Adolfo Lucas Reguilón García, máis coñecido aínda hoxe polo Maestro, un de tantos cerebros escapados do franquismo na posguerra que se refuxia en Mañente co nome falso de Don Bernardo.
Pepe desde moi novo, concretamente con 14 anos de idade, descubre a súa afección a traballar a madeira tallando un Cristo en estilo gótico utilizando unha navalla como única ferramenta.
Tarda moi pouco tempo a vida en darlle un duro revés. Seu pai morre o día 20 de setembro de 1954, con 57 anos de idade, deixando a Pepe con 15 anos e súa nai con 42. A pesar de todo con 18 anos de idade consigue marchar a Santiago para prepararse profesionalmente no mundo da arte, pero despois de seis meses cun mestre de Belas Artes decide abandonar ao considerar que está perdendo o tempo porque segundo el o profesor só lle di como ten que coller a ferramenta.
Son moitas as obras deste gran artista focego: desde unha réplica exacta á imprenta de Gutenberg pasando por facer unha reprodución dunha gaita galega, restauración de mobles de complicada man de obra e outros traballos non só en madeira senón tamén en pedra de lousa ou mármore, repuxado do coiro e a elaboración de pezas en cerámica, destacando que gran parte da súa ferramenta foi inventada e feita por el, aínda que quizais o traballo máis importante da súa vida realizouno no Castelo da Palma, en Ferrol, para o comandante Juan Sardina. Este traballo trataba dun impresionante xogo de comedor, mesa e cadeiras. Aparte diso tamén tallou un bargueño, un moble caseiro con moitas gabetas adornado con labores de talla ou taracea (a taracea é unha peza á que se lle inclúen madeiras doutras cores ou cunchas de nácara). A este traballo hai que engadirlle a caixa dun reloxo e tamén, na capela, un altar en estilo gótico moderno e un Cristo a tamaño natural.
Pepe de Burón casou con Anunciación Gutiérrez López, natural de A Rochela, na parroquia da Devesa, do concello de Ribadeo, o día 25 de xuño de 1999. Morreu en Mañente o 16 de xullo de 2015.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



