Lugo, 3 de abril de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou este martes os actos que ten programados o Goberno da Deputación para celebrar os Días Europeos da Artesanía. “Son concretamente 3 roteiros no CENTRAD totalmente gratuítos, durante este sábado e o domingo, para coñecer de preto o traballo que realizan os nosos artesán. En primeiro lugar, haberá un roteiro á colección de Instrumentos musicais do CENTRAD na que destaca a colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII. Os visitantes tamén poderán participar na xornada sobre vestimenta e folclore, e o domingo haberá un roteiro sobre o traxe aldeán de garda nas terras de Lugo, que organiza Tranxandaina”.
Toda a información sobre estas actividades gratuítas pódese consultar no seguinte teléfono 982 21 00 66, ou no correo electrónico: info.centrad@deputacionlugo.org.
Roteiro á Colección de Instrumentos musicais
Esta cita será o sábado, día 7 de abril, dende ás 12:00 ata as 13:30 horas, e estará dirixida por persoal do CENTRAD. A colección está constituída por fondos procedentes da antiga sección de música do Museo Provincial de Lugo, fondos de produción propia froito de diferentes proxectos de investigación, adquisicións, doazóns e depósitos de particulares. Completan a colección importantes fondos documentais e bibliográficos reunidos ao longo destes anos relacionados coa materia. A tipoloxía dos seus bens abrangue instrumentos de música, tanto do patrimonio musical galego como numerosos exemplares procedentes doutras culturas, instrumentos mecánicos, obxectos e xoguetes sonoros, indumentaria tradicional e réplicas en petro de iconografía musical. Destaca a colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII.
Xornada sobre vestimenta e folclore
Celébrase o sábado día 7 no CENTRAD, a partir das 17:00 horas, e contará coa participación de Isidoro Rodríguez que falará sobre: “Saber o que buscamos para poder atopalo: o Traxe Tradicional Galego”, o músico Javier Feijoó “Xisco”: “A danza en Galicia”, os compoñentes de Traxandaina, Antonio Sanjurjo e Teresa Astorgano: “Recollendo hoxe”. Tamén intervirá o músico Davide Salvado: “Coplas vestidas”. Esta xornada remata cunha quenlla de preguntas, e a visita á exposición Traxandaina: o traxe aldeán de garda nas Terras de Lugo, na Capela de Santa María.
Roteiro ao traxe aldeán de garda nas terras de Lugo
Este percorrido será dirixido polos integrantes de Traxandaina o domingo, día 8 de abril, a partir das 18:00 horas. A exposición contén vinte e cinco traxes compostos de prendas orixinais e reproducións que se complementan con reproducións de ourivería compostelá e algunhas pezas singulares. As prendas expostas foron recollidas nas casas onde os seus antergos as vestiron e que, grazas aos vínculos familiares, chegaron ata os nosos días. Trátase de pezas moi consideradas polas mulleres dado que eran as que se gardaban para lucir os días de feira, os domingos para ir á misa ou “dominguear” e que, como norma xeral, serían as mellores prendas que lucirían na súa vida. Poderán verse pezas como os mandís de mostra ou mostriles, aos que se lles dedica un apartado especial como testemuño da súa importancia xa que son considerados como denominador común exclusivo da provincia de Lugo. Tamén mantelas ou lensas, que cobren a saia e que se atopan espalladas por toda a provincia. Refaixos bordados á man ou de tecidos coloristas de la, feitos á gancho, con material sobrante das colchas. Camisas de liño de cortes rectos para aproveitar os anchos do tear, cosidas riscando os pulsos, o peito, as costas e os ombreiros. Mantillóns de gala, mandís de traballo, panos de peito e de cabeza, toucas de pelo de cabra, mantóns de la, feitos no Val de San Lorenzo, coas mesmas técnicas e materiais que as mantas maragatas.






















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



