Ribadeo, 3 de abril de 2018. O Partido Popular de Ribadeo responsabiliza ao equipo de goberno municipal da subida do 8 por cento no Imposto de Bens Inmobles (IBI) este ano. O portavoz municipal dos populares, Jesús López Penabad, asegura que o alcalde non actuou coa suficiente dilixencia para evitar ese incremento e cualifícao de lamentable. Por outra banda o PP tamén critica que goberno local non tome medidas para arranxar o campo de fútbol Pepe Barrera e que non aceptase tratar a moción sobre este asunto presentada polo grupo popular no último pleno da corporación municipal. Nesa sesión si foi aprobada unha iniciativa do PP para mellorar a iluminación pública de Couxela.
Jesús López Penabad manifestou que “o último pleno da corporación municipal de Ribadeo, celebrado esta pasada semana, foi un tanto diferente. Era unha sesión ordinaria onde había trece puntos, rogos e preguntas, e mocións. Unha moción nosa presentada para arranxar a iluminación de Couxela, xa que está feita no século pasado, en concreto nos anos 90, e financiada na súa integridade polos veciños de Couxela. A día de hoxe está obsoleta e deficiente en determinados lugares. Solicitamos que foran reparados e renovados os puntos de luz existentes así como a colocación doutros novos para deixar esta parroquia con maior seguridade e ben iluminada. Esa moción si que tivo éxito, como sempre dicindo que xa o ían facer, pero saíu para adiante e esperemos que se leve a cabo o antes posible para que Couxela teña unha iluminación boa e segura”.
O voceiro popular salienta que “houbo outros puntos que nos parecen moi importantes, como foi a nova subida do IBI. O ano pasado houbo unha grande subida do IBI porque se xuntaron catro anos ao volver a facer a renovación catastral. Supuxo para os ribadenses un desembolso e unha sorpresa porque eran catro anos xuntos a pagar, o que a lei permitía, e repercutiu nas arcas municipais aproximadamente nuns 300.000 euros. Os ribadenses pagan o IBI relixiosamente e todos tivemos que apertarnos un pouco máis o bolsillo. Pero sorprendentemente neste ano, cando xa se votara en pleno, por unanimidade, facer unha rebaixa dun 8 por cento na contribución, o alcalde e o equipo de goberno din que non foi culpa deles pero que a publicación desa rebaixa non chegou a tempo o 1 de marzo. Entón vemos que este ano 2018 a contribución volverá a subir un 8 por cento en Ribadeo”.
López Penabad pregúntase: “quen é o responsable de que non se publicara a tempo. Do Concello din que non, pero eu creo que non estiveron dilixentes porque había un prazo para presentar iso, publicalo e que chegara a tempo. Polo tanto volverán pagalo os de sempre, os veciños e veciñas de Ribadeo, aos que este ano lles volverá subir o IBI un 8 por cento. Aprobamos unha baixada do 16 por cento para o ano 2019, pero de momento o que toca este ano é volver rascarse un pouco máis o bolsillo e pagar un 8 por cento máis, o cal nos parece inadmisible. Xa o ano pasado foi bastante gravoso o que ocorreu e este ano volve subir. É lamentable, desde o goberno local bótanlle a culpa á publicación, pero os responsables, os que están gobernando son eles e son os que tiñan que facer os deberes e chegar a tempo para que non pagaran sempre os mesmos, os ribadenses”.
Por outra parte, o portavoz do PP subliña que outro tema de actualidade “é o campo de fútbol Pepe Barrera, que está nunhas condicións totalmente lamentables. Volvemos presentar unha moción sobre este asunto porque non se tratou cando a rexistramos xa no ano 2015 en tres ou catro plenos. Pero un dos concelleiros do equipo de goberno dixo que non era urxente. Seguen coa residencia, que cremos que está ben encamiñada e desexamos que así sexa, e esgrimen que lle piden para a residencia á Deputación e que entón non lle poden pedir para deportes. Eu creo que non hai que mesturar churras con merinas, unha cousa son asuntos sociais e outra son deportes. E Ribadeo en toda A Mariña e o Occidente de Asturias eu creo que destaca por unha cousa a nivel deportivo: polas deficiencias nas instalacións deportivas. Cada vez hai máis equipos, non só a SD senón tamén o Ribadeo FC, o equipo feminino, o rugby,… Cada vez temos máis equipos, iso é moi positivo, pero as instalacións están máis que obsoletas”.
Para López Penabad “xogar nese campo é un auténtico perigo porque non se aguantan de pé os xogadores, está todo cheo de barro e nunhas condicións deplorables. Pecharano, aprazarán partidos e farán o que sexa, pero o que parece lamentable é que desde o punto de vista político o PSOE é o único que atopamos que nos apoie un pouco este tema, xa que neste punto abstívose. Pero por parte do equipo de goberno a súa actitude parécenos lamentable porque creo que Ribadeo ten entidade e poboación suficiente, tanto na Mariña como na provincia de Lugo, como para ter o que teñen outras poboacións; e desde logo está xustificado pola gran cantidade de nenos e maiores que están practicando este deporte e que non teñen unhas instalacións axeitadas para elo”.
O portavoz do PP engadiu: “non puidemos defender esa moción porque o alcalde nos dixo que enviou un escrito á Deputación para que redactara un proxecto para poder facelo. Eu pregunteille que problema había para que fora isto refrendado polo pleno municipal, porque é unha necesidade que hai e que temos que solucionar. Quedamos perplexos e solos, somos catro e eles son dez máis un, once en contra neste caso. Polo tanto o campo de fútbol de Ribadeo seguirá este ano, e non sei canto tempo máis, así. Cando se poidan plantar patacas no inverno, poden plantalas alí. É lamentable o estado e que non haxa máis movementos desde o equipo de goberno para intentar solucionar este problema que ten Ribadeo”.



















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



