Burela 9-5-18. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo participou no Salón de Gourmets que se celebrou esta semana en Madrid promocionando os seus produtos pesqueiros: a pescada do pincho de Burela, como especie de maior importancia comercial na súa lonxa, e a cabala, como un peixe azul de temporada de importante rentabilidade para as flotas de cerco e arrastre de litoral.
Os visitantes puideron degustar as receitas de “pescada con tapenade” e “pemento asado con cabala en escabeche”. Esta degustación gastronómica tivo lugar o mércores 9 de maio no stand co que a Confederación Española de Pesca (CEPESCA) conta na feira do Salón Gourmet, e que tamén contou coa visita de Isabel García Tejerina, Ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
Estas accións forman parte do programa de CEPESCA “El Mapa de los Sabores del Mar”, no que se destacan a orixe, a zona e arte de pesca coa que se captura cada especie, así como as súas principais propiedades nutritivas e gastronómicas.
Ademáis dun magnífico escaparate de promoción dos produtos pesqueiros, o “Salón de Gourmets” serviu tamén para a presentación da “Guía de Boas Prácticas: cara unha pesca sostible e responsable” que acaba de editar a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP7). Esta guía nace para recopilar as boas prácticas dos socios da OPP Lugo en términos socio-laborais, de actividade, medioambientais e de comercialización.
