Está de moda falar mal dos catalans e de Cataluña, eu que vivin a miña xuventude nesas terras dirialles que están vostedes moi equivocados, a xente catalana e boa e xenerosa, culta e acolledora, como foron conmigo e siguen sendo, e a única diferencia con nos, e que e un povo que se quere a si mismo, o seu idioma, as suas tradicions, a sua cultura e sobre todo, unha ampla maioria de catalans non pensa que o de fora e mellor que o deles.
Miren vostedes alguen me contou un dia unha anécdota que di moito de catalans e Cataluña. “Uns días despois dun enterro, un veciño do pobo que cruzaba cedo preto do cemiterio, escoitou “unha música triste” que chegaba do interior. Ao achegarse, a través da porta de rexas negras, viu ao violonchelista Pau Casals fronte á tumba de Machado, interpretando en solitario e como homenaxe ao poetacastelan desaparecido, unha das máis belas composicións da súa repertorio, O canto dos paxaros.
Non sei a razón pola que me veñen á memoria os días nos que acompañaba ao avó Xesus de Regal na procesión que supoñía levar e traer ás vacas desde os prados á cadra ou ao bebedoiro. Armados iamos co noso pau de avelan como arma disuasoria contra uns animais para os que, de puro nobres, era estraño calquera desmande. Ás veces mirábannos cos seus ollos acuosos, nos que bailaban un vals as moscas, e logo proseguían o camiño mentres meneaban o rabo espantador ou deixaban caer unha plasta ao chan, que intentabamos evitar con esa aprensión tan parva.
En Nois, máis aló dese horizonte continua o mar, extenso e inacabable como as palabras que moldea.
Máis aló dese horizonte hai, aínda, un vasto territorio no que amerizan, coa levedad dos albatros, algúns poetas que aínda honran o nobre oficio de soñar como o tamen noisego de honrra Paco Rivas, que a pèsares de nacer en Cervo, adoptou esata nacionalidade de terruño donde vive dende fai mais de 65 abriles, co agravante de que nos seus poemas, na sua prosa non fai mais que honrrar e esa franxa costeira que vai dende a Pena Orxal ata o Castro de Fazouro.
E de volta a casa recreo a mirada nas formas do barro, nas ondulaciones que deixan as miñas mans de domeñador de terras de caolín, feldespato, cuarzo e caolín de bola da bisbarra mariñan, na suavidad do brilo e o agreste das sombras.
E mentras tanto escoito agarimoso o chelo de Casals ahora grabado nas ondas, no vento que me traen “El cant dels ocells” da mao do seu chelo.e innegableque o cello, case inequivicadamen, ten algo de especial na sua voz, pola súa similitud coa sua voz human, ou polas texturas do seu son. Adoito asócialo á soidade, á melancolía, á tristura, pero tamen á serenidade e á calma.
Otero Regal
.