Lugo, 13 de maio de 2018. O Goberno Provincial adxudicou en Xunta de Goberno traballos de mellora en 3 estradas provinciais de Lourenzá, cun orzamento de 63.500 euros da Deputación. Son concretamente o acondicionamento dun total de 2,2 quilómetros, consistentes na mellora do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e incremento da seguridade coa instalación de sinalización horizontal e vertical da LU-P-2801; LU-P-2803, e LU-P-2805. As melloras, que comezarán previsiblemente nas vindeiras semanas, teñen un prazo de execución de 3 meses.
As actuación que se realizarán son seguintes:
– LU-P-2801, de Santo Tomé a San Adriano: acondicionamento 560 metros, entre os puntos 0,400 ao 0,960. Trátase da principal vía de comunicación para a zona, pois ademais de unir as parroquias de Santo Tomé e San Adriano, beneficiando de xeito directo aos 1.000 veciños que viven na zona. É ademais a estrada que conecta o municipio laurentino coa localidade de Riotorto.
– LU-P-2803, de Santo Tomé a Lindín: acondicionamento de 750 metros, entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,750. É unha estrada que une a localidade laurentina co Concello de Mondoñedo, concretamente co núcleo de Lindín.
– LU-P-2805, de Santo Tomé a Santa María Maior: acondicionamento de 950 metros, entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,950. É a outra vía de comunicación entre os Concello de Lourenzá e Mondoñedo, que conecta as parroquias de Santo Tomé e Santa María Maior.
Son actuacións coas que o Goberno da Deputación continúa a impulsar a mellora de infraestruturas públicas na provincia, concretamente das estradas provincias, e coas que busca fixar poboación e impulsar o desenvolvemento da provincia, especialmente no rural.
Durante esta anualidade, e grazas a un esforzo inversor superior aos 15 millóns de euros, poderanse acondicionar uns 1.200 quilómetros de estradas provincias, o que representa o 50% do total pois a de Lugo é a rede máis extensa do estado, xa que conta con máis de 4.200 quilómetros de vías de titularidade provincial.






















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



