Cervo, 18 de Maio de 2018.- O Concello de Cervo acollerá a III Edición de Gadélica Sargadelos entre o 27 e o 29 de Xullo.
A cita foi presentada esta mesma tarde no escenario no que se vai desenvolver, o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, acompañados por Inés Cobas e Isabel Fernández, en representación da Asociación de Mulleres Rurais “As Espalladoras”, e de Alberto Casas, que repite na organización.
Segundo explicou Villares, nesta nova edición de Gadélica seguimos contando co apoio importante na colaboración e a organización das Espalladoras, que fan que este evento sexa posible; así como de varios veciños que, dun xeito totalmente altruísta, se entregan ao 100% para levar adiante este proxecto. Un evento no que a música e a natureza se fusionan ofrecendo unha faceta diferente e máxica desta paraxe, na que volveremos prestar especial atención á decoración e a ilumniación, de xeito que As Antigas Fábricas de Sargadelos e a súa contorna reflictan a súa beleza natural.
Con esta terceira edición “damos continuidade a este encontro artístico multidisciplinar que naceu en Sargadelos, e que xa se está a consolidar como unha alternativa cultural e musical do verán na Mariña”.
No recinto haberá dous escenarios; o Main Stage acollerá aos concertos máis multitudinarios da cita, como o de Malandrómeda; e o Delos Garden, no que se alternarán sesións de dub, reggae e música alternativa.
Segundo sinalou Caramés “agardamos que esta nova edición de Gadélica sexa un punto de encontro para todo tipo de público, esa é a filosofía sobre a que se está a traballar, de feito, préstase especial atención á programación de actividades paralelas pensadas para os mozos e mozas, que cremos que resultarán atractivas e interesantes como clases de ioga, obradoiros de artesanía, maxia ou malabares”.
O festival contará con gran diversidade de postos de artesanía e gastronomía que farán de Gadélica Sargadelos un encontro de diferentes culturas e no que degustar diferentes receitas.
Animamos pois a todos e todas, á veciñanza e as persoas que nos visiten a que veñan pasar esta fin de semana diferente a Sargadelos e gozar dun dos referentes e símbolos do noso Concello revestido neses días a base de música, cor e arte para todos os públicos.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



