Un ano mais celebrase este Domingo en Mondoñedo a VIII ruta btt Rei Cintolo puntuable para a copa de Galicia xc maratón , e onde tomarán partre os mellores ciclistas de Galicia e de Asturias , destacando o actual campión de Europa máster35 Javier Busto , o campión de España máster40 Alejandro Trasbach , Manuel Piñeiro gañador dos 101 peregrinos o pasado domingo , os vencedores da Transgalaica 2018 Esteban Sanchez e Lara Lois. Dos mariñáns destacar a presenza de Alejandro Paleo e da corredora local Isabel Picoaga do cc7voltas . E moitos mais valentes que lles poñerán as cousas difíciles,e que gozarán dun bonito e duro percorrido polos montes mindonienses que fará as delicias dos corredores e do público que se achegue para animalos.

























Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



