A Mariña 11 de Maio de 2018. O paciente, operado hai 49 anos dunha coartación aórtica, debe acudir a revisións periódicas na consulta de cardioloxía. Nunha destas revisións detectan unha nova lesión valvular que precisa cirurxía, máis previa á intervención é preciso realizarlle un cateterismo de valoración. Por iso asina os consentimentos informados para facer o cateterismo o día 7 de setembro do 2017.
Pero non todo acaba aí pois este doente está pendente de facer unha biopsia urolóxica, proba que descarta ou diagnostica a existencia dun cancro, máis o Servizo de Uroloxía non realiza a proba sen un cateterismo previo e sen que se resolva primeiro o seu problema cardiolóxico.
En vista deste desolador panorama o paciente contacta coa Plataforma Sanitaria para que lle axude a facer unha reclamación que se rexistra o día 2 de abril de 2018 ,con número de entrada 1045. “ Presentei esta reclamación dado que me parecía excesivo estar desde setembro do ano pasado agardando por unha proba e unha operación de corazón que considero debe ser urxente e porque teño medo de que me pase algo. O medo está sempre presente na miña vida e a esto engádese a angustia de saber se teño algo maligno na próstata, pero non me poden facer a biopsia ate que se resolva o problema cardíaco.Non hai humanidade nen tampouco vergoña”- conta o paciente visiblemente angustiado.
Esta reclamación é desoída pola xerencia e uns días despois decide contactar de novo coa Plataforma Sanitaria para insistir cunha nova reclamación presentada o 10 de abril de 2018 co número de rexistro 1458 , oito días despois da primeira. A data de hoxe ainda ninguén contactou con él e está sen citar para facer o cateterismo no Hula, primeira das probas que debería facer.
Para a Plataforma Sanitaria este caso constitue unha auténtica burla e unha absoluta falta de respecto hacia @s pacientes , que día a día están a sufrir os recortes máis brutais por parte do goberno da Xunta , que osa volver a xogar coa saúde e coa vida da xente sen importarlles o que lles poda ocurrir. “ É indecente esta falta de sensibilidade e empatía c@s mariñás e mariñaos. Os mesmos que din estar ao lado da xente para procurarlle máis e mellores servizos minten descaradamente e abandoan á súa sorte aos pacientes. Lembramoslles que pode volver a ocurrir o que pasou cos pacientes que padecían hepatite B , aos que se lles negou o acceso á medicación que curaría a súa enfermidade conducindo esta decisión á súa morte”- sentencian desde o colectivo sanitario.
A Plataforma Sanitaria advirte tamén que as mariñás e mariñaos están a ter moita paciencia c@s responsables da política sanitaria de Galicia, que día a día ven como as súas xustas demandas están a caer en saco roto e coa agravante de que “ xogan coa vida das persoas a sabiendas do que fan, máis que non descarten que @s pacientes pasen polos xulgados, como se ven indicando de xeito moi claro nas reclamacións que se presentan”- conclúe o portavoz da Plataforma Sanitaria.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



