Burela 28-5-18. A Academia Imdecum regresa ao IES Monte Castelo na sétima edición das súas Xornadas do Deporte con ‘Ocio, tempo libre e discapacidade intelectual’, a través de Special Olympics Galicia e a Fundación Eu Son, e o ultrarunning, co mariñán Siro Maseda.
O ciclo arrincará este xoves, 31 de maio, coa presenza da directora técnica de Special Olympics Galicia, Eunice Mosquera, o técnico de Deportes da Fundación Eu Son, Pablo Martínez, e os participantes Pablo López e José Pernas. O xoves 7, será a quenda de ‘Valores e deporte a través da montaña’.
A iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo, está destinada a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte, así como a todo o público interesado.
O fútbol de base, a organización de eventos deportivos e a ximnasia deportiva centraron as xornadas en 2017.
Xoves 31 de maio de 2018
“Ocio, tempo libre e discapacidade intelectual”
Lugar e hora: Aula de usos múltiples do IES Monte Castelo, 16.15 h.
Pablo López Cora, participante da Fundación Eu Son
José Pernas Gil, participante da Fundación Eu Son
Pablo Martínez Río, técnico de Deportes da Fundación Eu Son
Eunice Mosquera, directora técnica de Special Olympics Galicia
Xoves 7 de xuño de 2018
“Valores e deporte a través da montaña”
Lugar e hora: Aula de usos múltiples do IES Monte Castelo, 16.30 h.
D. Siro Maseda (Ultrarunner)























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
