Viveiro 30-5-18. Este sector de vital importancia en Galiza, nomeadamente en Viveiro, está a padecer unha situación crítica a consecuencia, entre outros motivos, das medidas ou falta de medidas que tanto o Goberno español como o Goberno galego están tomando, e que teñen como efect,o a paralización da economía a falla de crédito e a caída do consumo.
Este sector é fundamental para a economía e a sociedade galega ao que hai que engadir o papel de primeiro orde que o comercio xoga na vertebración do territorio de vilas, cidades, barrios e aldeas de Galiza, xa non só garantindo o abastecemento da poboación, senón como dinamizadores do espazo, evitando a desertización dos núcleos urbanos.
Todos os datos indican caídas permanentes de vendas, peche de establecementos, perda de postos de traballo… que están levando á desaparición do tecido comercial galego.
Esta situación que padece o pequeno comercio, tamén se ve agudizada polos novos hábitos de compras dos consumidores, destacando a compra online.
O BNG ten levado ás diferentes institucións onde ten representación a preocupación por este sector demandando ás administracións pertinentes a adopción de medidas para facer fronte ás cuestións como a perda de empregos, a comercialización de produtos galegos e a dinamización das nosas vilas, propoñendo:
-Promover axudas para implantar ou mellorar estabelecementos específicos que comercialicen produtos autóctonos,
-Colocar paneis nas entradas das vilas e cidades apoiando o comercio local e convidando a mercar nestes estabelecementos,
-Regular os horarios comerciais,
-Estabelecer liñas de créditos prioritarias para o comercio de proximidade.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



