Mondoñedo, 11 de maio de 2018.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o III Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’.
O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. O concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías, Alberto García, explica que este ano “gustaríanos repetir a alta participación das dúas primeiras edicións e, a ser posible, superala pero sabemos que non será doado xa que este concurso tivo moi boa acollida desde o principio, ademais porque Mondoñedo prestase a este tipo de propostas pola beleza do seu casco histórico”. “Un concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos fermosos balcóns e ventás, senón tamén un pequeno muro que poida incorporar macetas ou xardíns verticais, por exemplo”, precisa.
A quen está dirixido
Poden participar todos os particulares que dispoñan de balcóns ou ventás que reúnan as condicións mínimas necesarias para ser decorados ornamentalmente con flores e plantas. O concurso abarca todo o casco urbano da cidade, incluído o centro histórico e os barrios tradicionais de Os Muíños, Os Remedios e San Lázaro.
As inscricións poden facerse a través do correo concursodebalcones@gmail.com ou no portelo de atención ao público da Casa do Concello de Mondoñedo. O prazo para anotarse será desde o luns 14 de maio ata o xoves 31 de maio. Haberá que indicar o nome, apelidos e DNI do participante, xunto ao enderezo do balcón e un teléfono de contacto.
Elementos a valorar
O concurso prolongarase toda a primavera e o verán, ata finais de agosto, período durante o cal o xurado realizará visitas periódicas nas que vai valorar: o estado de conservación e mantemento dos balcóns inscritos no concurso; a orixinalidade na ornamentación; a variedade, calidade e cantidade florística; o adecentamento da fachada e o resultado global; a colocación de elementos accesorios, tales como xardineiras, colgantes…; o enxeño ou capacidade para acadar unha decoración óptima en vivendas que carezan de balcóns ou que, a priori, non reúnan as mellores condicións para participar no certame.
Premios
O Concello de Mondoñedo establece seis premios para os gañadores ou gañadoras. Un primeiro premio de 250 euros e diploma acreditativo para colocar xunto ao balcón galardoado. Un segundo premio de 200 euros; un terceiro de 150 euros; un cuarto de 100 euros; un quinto de 75 euros e un sexto de 50 euros. Todos eles recibirán diploma acreditativo.
Composición do xurado
O xurado estará integrado por un representante da rede de Pueblos bonitos de España, profesores e alumnos do módulo de xardinería do IES San Rosendo, un representante da área de Turismo da Mancomunidade da Mariña, un representante da área provincial da Axencia de Turismo de Galicia, un representante da Oficina de Rehabilitación do Concello de Mondoñedo e Claudia del Pino, representante da Oficina de Turismo municipal, que tamén será a presidenta do xurado.
O resultado do concurso darase a coñecer durante a primeira semana do mes de setembro. A entrega de premio será no salón de plenos da Casa do Concello nunha data a concretar. A autora do cartel anunciador deste ano é Julieta Vargas.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



