Lugo, 11 de maio de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o editor Manuel López Martínez de Gráficas Lar, e o autor Paco R. Salgueiro, presentaron este venres na Casa Escola desta parroquia “Galdo, o que queda na memoria”, unha publicación coa que colabora o Goberno da Deputación.
No acto tamén estiveron presentes o Alcalde de Burela e Presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense, Alfredo Llano García, así como membros da corporación municipal, ademais do Presidente da Asociación de Veciños do Camiño de Galdo, Francisco Rivera. O Presidente dixo que “a parroquia de Galdo vive un momento histórico. Hoxe preséntase unha edición coa recompilación de gran parte da súa historia. Pero o que é mais importante, un libro que pon cara, cor e calor con nomes, apelidos e alcumes dos seus protagonistas”.
Campos Conde avanzou que “esta edición é un exercizo exemplar de mantemento do sentir colectivo, que é o xustamente o que nos fai falta a todos nestes momentos difíciles, unirnos para poder saír adiante”.
“Quero felicitar ao autor Paco Salgueiro, a gráficas LAR, que fixo un traballo precioso coa publicación deste edición, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, por apoiar iniciativas destas características, e a todos e cada un dos veciños de Galdo que son os verdadeiros protagonistas desta historia, ou mellor dito da súa historia”, sinalou.
Pola súa banda, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, explicou “para min como Alcaldesa é un orgullo presentar esta obra de Paco Salgueiro, que é un testemuño documental imprescindible de como manter a memoria, e de como coñecer a identidade dos nosos lugares e as parroquias. Non se trata só relatar cantas tabernas existían en Galdo, senón de narrar e explicar como se vivía naqueles tempos, e quenes eran os protagonistas da nosa historia”, resumiu.
Debate
Trala presentación da obra, a Casa Escola de Galgo, acolleu unha mesa de debate na que interviron a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o autor, Francisco R. Salgueiro, e o Fundador de Gráficas Lar, Manuel López Martínez. Ao remate do acto entregáronse a todos os asistentes un exemplar da obra de xeito gratuíto.
O autor e a obra
Paco Rodríguez Salgueiro, xubilado de Alcoa, naceu na parroquia Galdo, mediante esta publicación quixo homenaxear a terra e aos veciños que viron nacer e crecer. Salgueiro taballou durante un ano de investigación, a través de “moitas conversas” por toda a parroquia, para acadar este libro, editado por Gráficas Lar. A obra centrase ata 36 profesións que se puideron contabilizar en Galdo, todas personalizadas con nomes e fotografías que gardan a historia de cada familia, e ao mesmo tempo a historia viva do lugar.
“Galdo, o que queda na memoria”, tamén recolle nomes de persoeiros relevantes de Galdo, como os irmáns Cal Pardo, a palista Teresa Albo, Jose sierra, fundador de Urovesa, ou incluso outro nomes históricos como Pardo de Cela, que tivo fixada a súa residencia na Casa do Carballo, cando foi Alcalde de Viveiro, ou os maquis como Francisco Insua e José Balea.





















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



