O Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz está realizando un mural artístico de grandes dimensións nas paredes do pavillón polideportivo do centro. É unha iniciativa cultural, de dinamización lingüística e de concienciación civil que implica a toda a comunidade educativa. A dirección do IES focense explica que “a execución do mural corre a cargo da empresa lucense Concepto Circo e coas imaxes e textos que o conforman preténdese a transmisión de valores como o respecto, a tolerancia e a igualdade. Os textos foron seleccionados polo alumnado da ESO, que tamén participa propoñendo palabras en distintos idiomas que son a lingua materna ou as que estudan no centro. Os alumnos interesados participan directamente cos profesionais na elaboración do mural”.
