Burela 12-5-18. O Director Xeral coñecerá de primeira man o traballo que ven desenrolando este centro dende o ano 2008. Recordamos que este é un dos poucos centros que hai en Galicia que funciona acollendo familias con fillos menores ao seu cargo, sendo un centro de acollida de media e larga estancia. No ano 2017 acolléronse 4 familias, 3 de orixe español e 1 de orixe colombiano, cun total de 7 menores dos que un eles naceu no propio centro. As problemáticas de atención principais son de violencia de xénero, 3 casos e 1 de desafiuzamento.
A Dirección Xeral de Inclusión colabora no mantemento deste recurso que promoven as Fillas do Divino Celo – Rogacionistas, subvencionando con 11.000 € anuais o seu funcionamento e con diversas axudas de investimento para melloras no seu equipamento.
Neste mesmo ano 2018 a Xunta ven de subvencionar con 24.168,44 € a compra dunha Furgoneta para uso deste Centro.