Ribadeo 29-5-18. No pleno do concello de Ribadeo do pasado 25 de maio a concelleira do PSOE Aurora González Ginzo facía unha pregunta sobre o acceso á Illa Pancha de persoas aparentemente non relcionadas cos apartamentos turísticos. A resposta do Sr. Alcalde, como ven sendo o cotían, poñéndose de perfil, é que llo vai transmitir á Autoridade Portuaría. Suponse que el non sabía nada de nada porque se fixo de novas, eludiu calquer comentario e pediulle a Aurora que lle aportase documentación. O certo é que nas redes sociais hai fotos e videos de persoas e colectivos que entraron na illa sen que se saiba quen lles abriu a porta e mesmo accederon a zonas non concesionadas ao proxecto turístico. Nun video de facebook do 26.10. 17 vese a un grupo duns vinte nenos co seguinte comentario : “Hoy hemos tenido una visita muy especial, los niños de 3º de EP del colegio Sagrado Corazón de Ribadeo”. Os cativos están xogando arredor do novo faro, zona, como se sabe, non concesionada. Hai mais casos, deles o mais recente é unha foto publicada en facebook (6.5.18), na mesma zona, na que se ve un neno vestido de mariñeiro, probablemente de primeira comunión. O problema xa foi transmitido polo grupo “Por nuestro Faro” tanto aos medios como á Autoridade Portuaria hai un par de semanas.
A cuestión é moi sinxela: ¿Porqué uns si e outros non?. O tema non ten moitas voltas que darlle e xa está dabondo explicado e difundido. Que a responsabilidade de controlar o acceso é da Autoridade Portuaria caese do seu peso.
O problema, dende o noso ponto de vista, e un trato discriminatorio, un agravio comparativo que non atopa outro caso no noso concello. Véxamos un exemplo que tamén afecta a puertos. O acceso ao porto de Figueirúa, anteriormente libre, quedou limitado por unha norma europea despois do atentado das torres xemelas. Gustaranos mais ou menos, podemos discrepar, pero vemos que non hai privilexios, que funciona dacordo cun regulamento e hai un persoal responsable. Nada que ver co acceso aleatorio e sinladeiro á illa Pancha.
¿E cal é o papel do concello?. ¿Cecais non representa aos ribadenses e os seus intereses, ou so a unha parte moi concreta dos mesmos? ¿Cecais non é unha deconsideración, por non dicer un insulto, o trato discriminatorio á gran maioría da veciñanza?. ¿O Sr. Alcalde non ten máis que facer de carteiro? ¿Logo xa esqueceu os compromisos e declaracións anteriores? Por se así fose ímolle lembrar algunhas notas da páxina xeb do concello.
25.11.16: “que no seu momento deberase garantir o acceso público a toda a Illa para que o Concello poida dar a licenza de actividade”.
“”isto non é Grecia, onde se privatizan as illas. Polo tanto, e aínda que cumpre con todas as autorizacións a conversión dese edificio en hotel, desde logo deberán ter o acceso aberto para todo o público por parte do Concello, senón o Concello non poderá dar a licenza de actividade necesaria para poder operar”.
8.6.17 “O alcalde, Fernando Suárez, envioulle un novo escrito á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao pedíndolle que garanta o libre acceso á Illa Pancha”
“é necesario manter o acceso público libre, en especial para cumprir con toda esta regulamentación que acabo de indicar” …” A lei é para todos igual, están afectos tanto na illa como en terra, todo o mundo””
Finalmente o 12/9/17 o concello concede a licencia de actividade esquecendo o seu compromiso anterior de garantir o acceso da veciñanza.
As contradiccións do Sr. Alcalde son tan evidentes que costa traballo despegalas dun cheirume un tanto sospeitoso por non dicer algo mais forte. Porque non estamos apelando a unhas declaracións verbais, ditas ao voo en campaña electoral. Estamos apelando á paxina web do concello, escrita negro sobre blanco e con argumentos reiterados que os veciños poden constatar polo menso se non hai orden de borralos.
En conclusión sabemos de sobras que os responsables da administración portuaria están en Ferrol e Madrid. Esiximos ao Sr. Alcalde de Ribadeo que actúe no que é da sua competencia: defender os intereses dos ribadenses e que cumprir a sua palabra dada e reiterada dende hai ano e medio.
Colectivo POR NUESTRO FARO
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



