Lugo, 5 de xuño de 2018.- A Consellería do Medio Rural investiu na provincia de Lugo 154 millóns de euros durante o pasado ano, segundo deu hoxe a coñecer o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro.
En Lugo, indicou, “o rural ten un peso específico tanto desde o punto de vista económico, pola importancia dos sectores agrogandeiro e forestal, como desde o punto de vista da poboación residente nas 1.251 parroquias rurais das nosas vilas e pobos”. Esta relevancia reflíctese -engadiu Balseiro- “en que en máis da metade dos concellos lucenses, 34 dos 67, as axudas que reciben só dende a Consellería do Medio Rural superan ao orzamento municipal”.
Así, indicou que hai casos, como o da Pastoriza, no que as achegas deste departamento duplican con creces o orzamento municipal (5,3 millóns de euros fronte aos 2,2 de orzamento propio), aínda que tamén son destacables os 1,2 millóns de diferencia que se dan en Láncara (3,2 millóns en achegas fronte a 1,9 millóns de orzamento municipal) ou en Guitiriz (4,6 millóns de investimento fronte a 3,3 millóns de orzamento).
Nesta mesma liña, o delegado afirmou que no 92% dos concellos lucenses as achegas desta consellería superan o investimento total que reciben da Deputación Provincial, “e mesmo o duplican ou triplican nalgúns casos”. En concreto, son todos os concellos a excepción de Burela, Cervo, Ribadeo, Ribas de Sil e Viveiro.
Grandes liñas de apoio
O volume inversor corresponde a distintas grandes liñas de apoio. En primeiro lugar, as axudas dirixidas ás explotacións agrarias suman 25,6 millóns de euros; neste apartado inclúense os plans de mellora, con máis de 18 millóns de euros, ou as axudas para a incorporación de mozos (máis de 6 millóns) e para pequenas explotacións (case 1,5 millóns), entre outras.
As obras en infraestruturas agrarias, como o plan Marco para o arranxo de camiños de titularidade municipal ou os procesos de reestruturación parcelaria, sumaron 3,6 millóns de euros.
As axudas da Axencia Galega De Desenvolvemento Rural (AGADER) ascenderon a 4,4 millóns de euros, principalmente en impulso a proxectos empresariais a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).
De capital importancia son as axudas do Fondo Galego de Garantía Agraria, que xestiona os 91,7 millóns de euros das axudas da Política Agraria Común (PAC).
No servizo de Montes superaron os 10,6 millóns de euros destinados a labores de reforestación, maquinaria forestal e tecnificación, ou labores de silvicultura mediante subvencións, consorcios ou convenios cos propietarios dos montes.
Igualmente, o servizo de Prevención de Incendios superou os 6 millóns de investimento -excluídos os labores propios de extinción- en tarefas de mantemento dos montes públicos, axudas a montes veciñais e SOFOR ou convenios cos concellos para a creación das brigadas, actuación de motobombas e rozas mecánicas.
Por último, no apartado de calidade agroalimentaria outorgáronse 10,7 millóns de euros en axudas, e o servizo de apoio gandeiro xestionou 1,5 millóns de euros para as Agrupacións de defensa sanitaria, axudas a apicultores, reposición de animais sacrificados por campañas, baleiros sanitarios e indemnizacións por sacrificios obrigatorios.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



