Lugo, 1 de xuño de 2018.- A Xunta de Galicia destina preto de 120.000 euros a colaborar cos concellos declarados municipios turísticos e coas festas declaradas de interese turístico de Galicia na provincia de Lugo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución de ambas axudas, as primeiras destinadas a sufragar os gastos de persoal para atender as oficinas de turismo e as segundas para contribuír cos custos de organización dos distintos eventos.
Balseiro subliñou que o Goberno galego, a través de Turismo de Galicia, traballa para “aumentar a capacidade de atracción turística de todo o territorio, colaborando cos concellos para que poidan promocionar e xestionar axeitadamente os recursos e singularidades que os diferencian e que actúan como foco de atracción dos visitantes”.
O delegado destaca que estes programas de axuda son de concorrencia non competitiva, polo que se concederon a todos os concellos que as solicitaron en tempo e forma. As subvencións ascenden a 3.000 euros para as festas e unha media de 5.200 para os concellos turísticos e xeodestinos para a contratación de persoal.
Os beneficiarios das axudas para municipios turísticos foron os de Mondoñedo, Chantada, Samos, Quiroga, Sober, Sarria, Ribadeo, Viveiro, Palas de Rei, Monforte de Lemos e Foz. Tamén recibiu esta achega o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
As festas subvencionadas son as San Lucas de Mondoñedo, a Festa da Castaña de Folgoso do Courel, a do Ourizo en Cervo, a do Viño de Amandi de Sober, a Mostra do aceite de Quiroga, a Festa da Malla de Meira, o Folión dos Carros en Chantada, a Queima das Fachas de Taboada, o Festival internacional do emigrante de Barreiros, a Romaría do Naseiro en Viveiro, a Festa da faba de Lourenzá, a Feira de Santos de Monterroso, o Día da gaita e da Romaría de Santa Cruz en Ribadeo, a Feira do bonito de Burela, a Feira do queixo de Pedrafita do Cebreiro, o Belén electrónico de Begonte, a Festa da filloa de Muimenta (Cospeito), as festas de San Lourenzo de Foz e o Festival de Pardiñas de Guitiriz.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



