Ribadeo, 31 de maio de 2018. As mariñás Iria Rivas Prieto e Laura Requeijo López son as gañadoras do II Certame Literario e de Artes Plásticas Xuvenil Concello de Ribadeo. Iria Rivas, natural de Mondoñedo, acadou o primeiro premio pola súa obra poética KM 0, e a ribadense Laura Requeijo logrou o premio de artes plásticas coa obra titulada Ritmo.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifesta que “ao longo da segunda quincena de maio, o xurado do II Certame Literario e de Artes Plásticas Xuvenil Concello de Ribadeo, tivo as correspondentes reunións para deliberar e posteriormente emitir o fallo. Este xurado estivo composto, para a sección literaria, por Xesús Fernández Acevedo, profesor de Lingua e Literatura Galega do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, e por Antonio Deaño Gamallo, profesor de Lingua e Literatura Castelá no mesmo centro, pero xa xubilado; ambos son persoas ben destacadas no mundo literario e cultural ribadense. Polo que se refire á sección de Artes Plásticas, compoñían o xurado Celso Dourado, artista e activista cultural ben coñecido na nosa comarca e por todo o país, e Chus Colmenero Torres, profesora de Plástica no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo”.
O edil ribadense contou que “o ditame no ámbito de creación literaria, sección poesía, outorgou o Premio a Iria Rivas Prieto, de 17 anos e natural de Mondoñedo. A súa obra KM 0 caracterízase, segundo o xurado, polo tratamento dunha temática relativamente novidosa –a reivindicación feminista- apoiada nun ritmo equilibrado e na riqueza léxica –sinestesias, mesura e boa elección de adxectivos-; todo isto logrouno a autora, a xuízo dos membros do xurado, sen caer en lugares comúns”.
Farruco Graña engadiu que “en canto á plástica, a gañadora do Premio é a ribadense Laura Requeijo López, coa obra titulada RITMO. Laura ten 18 anos e estuda o Bacharelato de Artes en Burela. As persoas membros do xurado valoraron unha rica amalgama de técnicas ao servizo da persoal recreación de elementos de Ribadeo como son a Torre dos Moreno ou o Cargadoiro. Ao tempo os membros do xurado puideron contemplar unha composición que consegue o equilibrio e na que se plasma unha forte impronta surrealista”.
O concelleiro de Cultura dixo que “o premio para relato curto quedou deserto. O Concello de Ribadeo, a través da súa Concellaría de Cultura, quere amosar a súa satisfacción por este fallo e animar ás mozas e mozos da comarca a participar de xeito máis intenso en vindeiras edicións. Quen teña ganas de mostrar a súa forza creativa que pense que xa pode comezar a deseñar os seus bosquexos para ir dándolle forma ás obras que poidan presentar no II Certame Literario e de Artes Plásticas Xuvenil Concello de Ribadeo”.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



