Ribadeo, 7 de xuño de 2018. Acisa Ribadeo agradece a implicación á Xunta de Galicia coas súas actividades. Ademais das bolsas de papel gratuítas coas que contarán os socios e socias de Acisa, tras o acordo acadado coa administración galega hai uns días, o 29 de xuño terá lugar un espectáculo entorno a unha queimada tradicional en Rinlo e o 9 de agosto Os Bolechas estarán en Ribadeo coincidindo coa Noite Flúor.
Este xoves tivo lugar unha xuntanza de traballo en Ribadeo entre a Xunta e Acisa. O presidente do colectivo empresarial, Paco Iriarte, valorou de xeito moi positivo “que a Xunta colabore con nós ao marxe da axuda anual que nos concede por ser Centro Comercial Aberto” e subliñou que “van ser tres as iniciativas inmediatas que van ter lugar. A primeira, e debido á nova normativa que prohibe o emprego de bolsas de plástico a partires do vindeiro mes de xullo, a Xunta atendeu a nosa petición de editar unha partida importante de bolsas para entregar de forma gratuíta a todos os nosos asociados e asociadas. Isto é un activo moi importante para a nosa asociación”. As bolsas serán de 4 tamaños: pequenas, medianas e grandes e unha especial para as botellas de viño.
Iriarte seguiu a relatar que “a seguinte actividade é moi importante para nós, porque vai ter lugar fora da vila. É unha acción que se vai desenvolver en Rinlo o vindeiro 29 de xuño. Será un espectáculo entorno a unha queimada tradicional, que se celebrará coincidindo co día de San Pedro. Son varios os asociados que temos en Rinlo e que están moi contentos con que algunha das nosas actividades salgan de Ribadeo e cheguen a un punto tan turístico como Rinlo”.
O presidente de Acisa engadiu que “a terceira acción ten que ver coa Noite Flúor que se celebrará o 9 de agosto. Ese contaremos en Ribadeo con Os Bolechas, que farán as delicias dos máis pequenos e pequenas. Esperamos que a organización destas e doutras actividades sirva para impulsar que novos empresarios, tanto comerciantes coma hostaleiros, se dean de alta en Acisa e formen parte da nosa asociación, que traballa día a día para dar máis e mellores servizos aos nosos asociados e asociadas”.
Na xuntanza desta mañá participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a xefa territorial de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández, os edís do PP no Concello de Ribadeo, Jesús López Penabad e Juan Estévez, o deputado autonómico Daniel Vega, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e o tamén directivo do colectivo empresarial Roberto Rivas.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



