Foz, 5 de xuño de 2018. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que retoma as negociacións para intentar chegar a acordos cos grupos da oposición co fin de aprobar o orzamento municipal deste ano, porque “é necesario para o benestar dos veciños”. O rexedor explica que, despois de fracasar as xuntanzas conxuntas, agora negociará de maneira individual con cada un dos grupos para intentar chegar a un acordo que permita poñer en marcha a residencia de maiores, entre outros asuntos importantes para Foz.
Javier Castiñeira declarou que: “despois duns días complicados desde o equipo de goberno non tiramos a toalla, estamos convencidos de que é necesario e obrigado chegar a un acordo, aínda que sexa de mínimos. Dende o equipo de goberno imos tratar de atopar algunha posibilidade de acordo cos grupos da corporación posto que é necesario para o benestar dos nosos veciños. Primeiro imos rebaixar a tensión existente e tratar de esgotar ao máximo os últimos cartuchos das negociacións. O equipo de goberno está disposto a seguir cedendo xa que non saíron adiante os orzamentos no pleno do xoves pasado, pero é necesario buscar un entendemento”.
O alcalde manifesta que “non chegaron dúas xuntas de portavoces, unha comisión e un pleno, polo que entendemos que o formato de reunións colectivas non funcionou. Entón ímolo facer de forma individualizada, imos dar un marxe duns días para falar cos grupos, para facer unha serie de propostas de mínimos e creo que poderemos chegar a un acordo”.
O rexedor salienta que “o fin fundamental é aprobar uns orzamentos mínimos que cumpran co plan económico financeiro e que nos permitan con elo sacar adiante a residencia de anciáns. Cremos que aínda hai marxe e ferramentas para discutir a saída do xeriátrico coa xestión municipal, hai ferramentas que nos van valer aos grupos para poder sacalo porque é o mellor para os nosos veciños”.
Javier Castiñeira engade: “desde o equipo de goberno propoñemos dez días de negociacións, farémolo de forma individualizada cos grupos. Farémoslles chegar as nosas propostas. Espero tamén que os grupos fagan o seu traballo, que eviten calquera circunstancia política e que simplemente teñamos á vista o que son os intereses dos nosos veciños”.
Para o alcalde “a tensión destes últimos días non é boa para ninguén. Nós tamén nos comprometemos a rebaixala, a seguir coa liña que tivemos durante estes tres últimos anos e que trouxo bos acordos para o pobo de Foz. Imos facer todo o posible durante esta semana para que de forma individualizada os grupos o teñan moito máis fácil para tomar decisións en positivo e non como no último pleno do pasado xoves no que o resultado foi nefasto, sobre todo para os intereses dos nosos veciños”.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



