Viveiro 19-6-18. O acto de inaugruación terá lugar este xoves, 21 de Xuño ás 20 horas na Sala de Exposicións de RegalXunqueira en Viveiro, e poderase visitar ata o 14 de Xullo
Lucía Rivas
Con orixes familiares en Gondrás (en Cervo) e Moucide (no Valadouro), Lucía Rivas naceu en Burela en 1986. Realizou formación académica no Colexio Virxe do Carme e nos Institutos Perdouro e Monte Castelo. Na fotografía comezou de xeito autodidacta, por vocación. Posteriormente asistiu a obradoiros teórico-prácticos, estimulada por premios e mencións conseguidos en diversos concursos así como pola reprodución das súas fotografías a través da Televisión de Galicia.
Nesta exposición, dará a coñecer parte da sua ampla obra fotográfica.
Ademais da fotografía de eventos, Lucía Rivas ten un extenso arquivo de imaxes dotadas de vida, coa natureza como elemento central. En calidade de Fotógrafa Oficial do programa radiofónico Proxecto Neo, emitido todos os mércores en Radio Burela, recibiu o premio “O Galego na Onda” en 2015.
De Proxecto Neo para o mundo (de Radio Burela)
“Pode semellar un paradoxo, mais para presentarvos a fotógrafa Lucía Rivas imos comezar falando de radio. Un medio no que a imaxe, por definición, adoita estar completamente ausente. Mais este non é o caso no programa Proxecto Neo, o espazo da integración e a convivencia intercultural de Radio Burela. Un dos rasgos que distinguen este programa da grande maioría é que case desde os seus inicios, alá polo 2012, Proxecto Neo ten fotógrafa oficial como parte do equipo, e isto conecta directamente co propio concepto da iniciativa.
Lucía Rivas naceu cunha discapacidade auditiva que, aínda non sendo total, dificultoulle enormemente desde a infancia a súa fluidez comunicativa oral e escrita e o seu desenvolvemento académico, condenándoa durante longo tempo ao fracaso escolar debido á falta de atención especializada para casos non estándar como o dela. Mais por causa disto, Lucía aprendeu desde ben pequena a derrubar barreiras e a sobrepoñerse ás dificultades, converténdose nun exemplo de superación persoal, vitalidade e talento.
Chegou a Proxecto Neo como espectadora da realización do programa, e por pura casualidade, viuse facendo fotografías no estudio ao non poder ocuparse diso a encargada habitual das mesmas. Aí descubrimos un talento inmenso detrás da cámara.
O equipo humano foi renovándose a través dos anos que Proxecto Neo leva en antena; Lucía mantense. Ademais de facer as fotos a colaboradores e convidados no estudio, e subilas á páxina de Facebook dedicada ao apartado gráfico do programa (Proxecto Neo en Fotos), Lucía desenvolve a súa actividade fotográfica alén da emisora captando instantáneas da nosa contorna e inmortalizando actos culturais, chegando a acadar premios ou quedar finalista en diferentes edicións certames como o Imaxiña. Tamén ten feito varias exposicións do seu traballo en Burela, en locais comerciais e na Casa da Cultura. En 2015 foi gañadora xunto co resto da Masa Coral Modelo Burela do premio “O Galego na Onda” organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Nesta exposición poderedes disfrutar do enorme talento gráfico de Lucía, que con todo non fixo máis que comezar. Quédalle moita traxectoria por diante, a través da que se fará aínda moito máis grande, mais nós, desde Proxecto Neo, sempre teremos o orgullo de a ter descuberto para o mundo. “























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



