Barreiros, 29 de xuño de 2018. O Concello coloca e estrea estes días nas praias do municipio unha serie de carteis advertindo de posibles desprendementos nos cantís, outros con recomendacións para protexerse do sol e informando da presenza de algas, “que non son lixo e son necesarias para manter o ciclo vital dos areais”, segundo subliñou o alcalde.
Alfonso Fuente manifestou que “no Concello de Barreiros o que estamos facendo estes días é colocar unha serie de carteis na zona das praias cunhas advertencias, que a veces son cousas que deberíamos ter todos presentes e coñecelas para recordalas”.
O rexedor declarou que “se trata de evitar o que pasou na praia das Catedrais, que non sabemos se vai pasar ou non porque pode pasar en calquera dos nosos cantís. O que facemos é colocar unha serie de carteis advertindo de que non se tome o sol preto dos acantilados, que ninguén se arrime pola parte de arriba aos acantilados xa que pode haber desprendemento de terras e pode caer alguén. Están os paseos e hai xa protección nos paseos, pero tamén se advirte desas zonas perigosas, igual que onde o mar traballou neste inverno movendo algunha escollera como pode ser na zona de Altar, tamén se poñen advertencias para que os usuarios da praia non suban por esas pedras porque pode haber accidentes”.
Fuente Parga explicou que “tamén se puxo cartelería advertindo dos perigos do sol e da protección que hai que tomar na exposición, e infórmase sobre as algas. Moitas veces nos din que parece que a praia está chea de lixo cando está chea de algas. Evidentemente da praia o que se debe retirar son os cristais, plásticos e restos de madeiras, pero as algas non son lixo senón que son alimento de moitas especies que viven na praia e no mar, e son necesarias para manter ese ciclo vital. É unha recomendación importante para que todo o mundo o teña presente”.




















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



