Cervo, 8 de xuño de 2018.- O Concello de Cervo clausurou esta tarde unha nova tempada das Escolas Deportivas Municipais cun acto no que participaron o alcalde, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, ademais doutros membros do equipo de Goberno, persoas usuarias, monitores e monitoras e familiares dos pequenos.
A actividade, que tivo lugar no Pavillón de Cervo, contou cunha exhibición do alumnado do curso de patinaxe, á que asistiron unha trintena de participantes que amosaron o traballo feito ao longo destes meses pasados.
Desde a delegación de Deportes do Concello de Cervo, editouse, como cada ano, un manual con información e ilustracións con momentos das clases que se foron impartindo ao longo de todo o ano; e entregóuselle tamén un agasallo aos pequenos.
A oferta deportiva das Escolas, que botaron a andar no ano 2007, pretende ser o máis ampla e diversificada posible, ofrecendo disciplinas como patinaxe, voleibol e diversos xogos para os máis pequenos.
E os adultos puideron asistir a ximnasia de mantemento, pilates, aeróbic e aerozumba.
Tal e como apuntou Villares, “no día de hoxe pechamos un novo ciclo no que superamos as 160 persoas participantes”, e quixo darlle as gracias a todos e todas “por contribuír activamente a que Cervo sexa un municipio plenamente identificado do Deporte”.
O alcalde engadiu que a actividade é fundamental para o benestar físico e emocional das persoas en todas as etapas da vida; e destacou os valores que abandeira “compañeirismo, esforzo, capacidade de superación, constancia…; calidades que lle son intrínsecas e valores que desde as Administracións temos o deber de fomentar e promover”.
Villares sinalou, así mesmo, que “aínda que seguramente haxa aspectos que, entre todos e todas, podemos mellorar de cara a vindeiras tempadas, o noso compromiso é o de seguir a traballar, da man tamén de entidades locais e que fan un importantísimo traballo altruísta coas bases como é o Club Deportivo San Ciprián, para involucrar á xente nova do noso Concello, “que queira facer deporte, e que o fagan no noso municipio, porque ademais temos unhas instalacións privilexiadas para elo”.
Pola súa banda, Soto animou a todos e todas a que “o deporte vos siga acompañando durante o verán e que participedes na axenda que xa estamos a perfilar de cara aos vindeiros meses”.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
